Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Turismo e Termalismo

Áreas

A Concellería de Turismo e Termalismo convoca un ano máis o Concurso de Pinchos Sabores de Ourense na súa edición de outono, xa a número 12, coas castañas e os cogomelos como protagonistas. A presenza destes ingredientes volve ser o requisito imprescindible para as receitas que se presenten a concurso, debendo tratarse de pinchos orixinais e creados ex profeso para o certame, no que se primen as materiais primas frescas, locais e de tempada.

Os establecementos interesados en participar poden xa realizar as súas inscricións a través do formulario dispoñible nesta web e na Web do Concurso de Pinchos Sabores de Ourensee, de acordo coas instrucións, remitilo vía correo electrónico ao enderezo que se indica.

Como novidade, este ano non será preciso o pago dunha cota de inscrición, pero si haberá un límite de pinchos admitidos, ata 65. As inscricións realizaranse por estrita orde de chegada das solicitudes, sempre que as propostas hostaleiras cumpran cos requisitos establecidos nas bases.

Como en edicións anteriores, os locais participantes poderán optar a varios premios: 3 premios elixidos directamente polo público a través do voto en urna e 3 premios outorgados por un xurado profesional. O gañador da primeiro premio nesta categoría terá ademais a oportunidade de representar á cidade de Ourense no concurso autonómico De Tapas por Galicia. Finalmente, o Concello colabora de novo coa delegación ourensá da Asociación Galega de Celíacos na selección do premio ao Mellor Pincho Sen Glute.

DOCUMENTACIÓN E INSTRUCIÓNS: