Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Turismo e Termalismo

Áreas

Termas da Chavasqueira

A empresa xestora das termas de A Chavasqueira, Ibernisha SL. vén de presentar no rexistro do Concello de Ourense o proxecto de rehabilitación das Termas da Chavasqueira, paso previo necesario para a posta en marcha das obras de recuperación desta infraestrutura termal.

Xuntanza do comité

“O Concello de Ourense, a Deputación Provincial e a Xunta de Galicia crearán un comité técnico para analizar as actuacións estratéxicas de desenvolvemento termal no ámbito de A Chavasqueira”. Así o confirmou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, logo dunha reunión na que participaron a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez; a directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas; a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira; o deputado de Cooperación, Pablo Pérez e membros da Corporación local.

Praza do Trigo e Catedral de Ourense.

Ourense arranca a tempada turística cunha campaña de promoción que convida a 'deXconectar' na Capital Termal. A oferta termal e de patrimonio, pero tamén a posición estratéxica no Camiño de Santiago, a festa dos Maios ou a programación cultural serán algúns dos atractivos resaltados nas accións. Búscase chegar ao turista nacional coma estranxeiro: usuarios das Liñas de Alta Velocidade de RENFE e nos vos de Air Europa, presente nos tres aeroportos galegos, e hóspedes da Rede de Paradores. A oficina de turismo ampliará o seu horario de apertura ante a previsión de incremento de visitantes durante Semana Santa.

Estudio caudal As Burgas

A contorna das Burgas dispón do suficiente caudal para acoller un hotel balneario. Así se desprende dun estudo realizado pola Xunta, a proposta do Concello, no que se avalía o potencial desta zona termal da cidade e que o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, analizaron durante un recente encontro. Esta análise, realizada pola empresa Geocisa, especifica que cos caudais potencialmente explotables nos terreos do antigo cárcere (que inclúen tanto o punto de saída de auga termal desta zona como os situados no Xardín das Burgas e nos Baños de Outeiro) poderíanse obter ata 2,85 litros por segundo sen causar afectación.“Estes datos despexan as posibilidades que ofrece a contorna como motor termal da cidade, xa que farían viable a construción dun hotel balneario axustado e dimensionado ao devandito caudal”, afirma o rexedor.

A cidade de Ourense é un dos destinos escollidos por Renfe para desfrutar dunha “Escapada de invierno”, unha promoción que anima a descubrir a nosa cidade con prezos especiais e que se suma a outra iniciativa da Red Nacional de Ferrocarriles Españoles, na que a cidade das Burgas é outro dos once destinos propostos pola compañía para “Vivir el Carnaval”.

Ioga termal Burgas

A Concellería de Termalismo do Concello de Ourense organiza, até o mes de xuño, a actividade “Ioga termal nas Burgas”. Celebraranse dous sábados ao mes, en horario de 11 a 12:30 horas, con aforo limitado, comezando o día 16 de febreiro.

Presentación da campaña turística "DeXconecta #Ourensanamente"

Jesús Vázquez presenta en FITUR a campaña turística “DeXconecta #Ourensanamente”, unha proposta que defende Ourense “coma unha forma de vivir, unha experiencia e unha sensación”. “Fomos capaces de inventar un novo concepto: a DeXconexión”, defendeu o rexedor. Trátase dunha proposta que xorde das oportunidades de gozar da saúde e relaxación que ofrece ser a Capital Termal de Galicia, ao tempo que se pode descubrir unha riqueza cultural e patrimonial única, ou gozar das mellores experiencias culinarias. O rexedor recordou que o AVE achegará cada vez máis a posibilidade de “experimentar esta explosión de sensacións” ao situar Ourense a menos de tres horas de Madrid. O concelleiro de Turismo e Termalismo, Jorge Pumar, destacou que a campaña “DeXconecta Ourense” provén de escoitar as necesidades das persoas que visitan a nosa cidade, do que buscan e da experiencia que se levan aos seus fogares.

Imaxe da campaña turística DeXconecta Ourensanamente.

Ourense presenta en FITUR a súa nova campaña turística: DeXconecta Ourensanamente, unha invitación para descubrir a cidade sen présas a través do benestar e a saúde. DeXconecta apela ao turismo intelixente: escoitar os visitantes e darlle forma á cidade que eles contan, unha mensaxe construída da suma dos datos recompilados e das experiencias que inspiraron os visitantes. “Presentaremos Ourense como un destino que coida corpo e mente, un destino para vivilo a través das sensacións”, en palabras do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

A nosa cidade estará emprazada no expositor de Galicia (Pavillón 9, entrada pola Porta Norte), a través da Concellería de Turismo, e a presentación do destino Ourense será o mércores 23 de xaneiro, ás 14 horas

Calistenia Tinteiro

O espazo termal do Muíño da Veiga, en Eirasvedras - Quintela, conta desde hoxe con novos aseos logo da reforma das instalacións grazas a un convenio subscrito coa Axencia de Turismo de Galicia. O seu horario de apertura será de 09:00 a 20:00 horas, todos os días. Ademais desta nova dotación, os usuarios da zona tamén poden gozar do novo recinto de calistenia no Parque de Santiago (na contorna do Tinteiro), tamén realizado en colaboración con Turismo de Galicia. Ambas actuacións supuxeron un investimento de preto de 75.000 euros.

O presidente da Xunta,e o alcalde durante a a inauguración do novo albergue de peregrinos

O novo albergue de peregrinos de Ourense, o mellor de toda a rede do Xacobeo, terá un centro de interpretación do Camiño Mozárabe-Vía da Prata. Así, no albergue "Eligio Rivas Quintas", os peregrinos poderán acceder a toda a información que precisen sobre a ruta xacobeo de maior percorrido, que conecta Sevilla con Compostela.