Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Turismo e Termalismo

Áreas

“O Concello de Ourense, a Deputación Provincial e a Xunta de Galicia crearán un comité técnico para analizar as actuacións estratéxicas de desenvolvemento termal no ámbito de A Chavasqueira”. Así o confirmou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, logo dunha reunión na que participaron a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez; a directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas; a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira; o deputado de Cooperación, Pablo Pérez e membros da Corporación local.

Na súa intervención, o alcalde de Ourense salientou a colaboración entre as tres administracións e informou da creación dun comité de carácter técnico asistido polas tres administracións, que posibilitará actuacións estratéxicas de desenvolvemento termal no ámbito da Chavasqueira-Matadoiro”. Tamén informou que este comité “se reunirá con carácter inmediato, probablemente o mércores, para comezar a buscar posibles actuacións de desenvolvemento termal” nese ámbito.

Pola súa banda a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, confirmou que a reunión mantida no Concello de Ourense permitiu concretar a creación deste comité que se encargará de “desenvolver proxectos importantes para Ourense e a súa area de influencia”.

Tamén informou de que durante o encontro concretouse que este órgano estará integrado por seis representantes (dous por cada Administración: Xunta, Deputación e Concello), así coma o calendario de actuacións e os obxectivos.

Ademais de habilitar técnica e xurídicamente as futuras actuacións na zona do Matadoiro, tamén se tratou o proxecto de reforma da Praza Daniel González, unha proposta que permitirá facer esta zona máis accesible e convertela nun lugar de encontro interxeracional.