Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Turismo e Termalismo

Áreas

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou na súa sesión desta mañá as bases da próxima edición, que será xa a número 12, do Concurso Sabores de Ourense – Pinchos de Outono. Unha cita xa clásica de promoción da gastronomía ourensá, dedicada aos seus produtos de temporada, que este ano se celebrará do día 7 ao 17 de novembro. Coincidirá así cunha festa emblemática da cidade, o San Martiño, “que desde este Concello queremos potenciar e promocionar como unha grande celebración popular que sirva tamén como eixo de afluencia turística á nosa cidade”, sinalou o concelleiro Miguel Caride, na rolda de prensa na que informou dos acordos aprobados na sesión desta mañá da xunta de goberno local. Nos vindeiros días abrirase o prazo de inscrición para que os locais de hostalería da cidade podan participar un ano máis no evento.