Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Turismo e Termalismo

Áreas

“O Camiño entre augas” é o nome da proposta turística que amosou hoxe o Concello de Ourense no marco da Feira Internacional de Turismo Fitur, en Madrid. No evento tomaron parte o alcalde Gonzalo Pérez Jácome; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; a concelleira de Turismo e Termalismo Flora Moure e maila actriz ourensá Cayetana Cabezas, quen, coas súas intervencións, guiou a cita.

Gonzalo Pérez Jácome quixo repasar aspectos menos coñecidos da cidade, coma o seu papel como “segunda potencia termal de Europa”, un atractivo do que aproveitarse mesmo cando vai frío e chove; o seu Entroido, "un dos tres máis importantes da Península”; e a celebración da segunda “Noite do Medo” en Ourense, a máis grande de Galicia, unha “Noite da Santa Compaña” que se vai celebrar o 31 de octubre.

A calidade na preparación do polbo e o café e a espectacularidade e beleza no paso do río Miño pola cidade, con catro pontes, foron outros dos atractivos que debullou o alcalde na súa intervención.
Nava Castro, respondendo a Cayetana Cabezas, salientou a potencialidade de Galicia e en particular da cidade de Ourense como destino termal, un turismo de calidade que desestacionaliza e achega valor engadido.

“A mensaxe coa que vén Turismo de Ourense a Fitur 2020 é clara: auga, auga e auga, a auga dos nosos ríos, a auga das nosas fontes e augas termais”, expuxo a concelleira de Turismo e Termalismo, Flora Moure, unha auga que axuda a “amosar a cidade de Ourense coma un destino distinto, como esa Capital Termal onde saciar a sede de vida e de experiencias”.

Moure detallou ademais as características da Vía da Prata e o Camiño Mozárabe ao seu paso pola urbe e apuntou que se trata da cidade galega na que máis medrou o turismo no pasado 2019. “É o momento de que a nosa mensaxe cale”, recalcou, ao tempo que convidaba a “mergullarse” en Ourense, a facer "O Camiño entre augas".

Como apoio a “O Camiño entre augas”, en Fitur tamén se presentou o novo vídeo de promoción de Turismo de Ourense. Vídeo El Camino entre aguas

A cita congregou máis de 100 invitados entre os que se atopaban divulgadores, periodistas especializados e profesionais do sector que se amosaron moi interesados na proposta ourensá.