Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Turismo e Termalismo

Áreas

A reconstrución das Termas da Chavasqueira podería ser autorizada no próximo mes de xuño. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, José Antonio Quiroga, mantiveron unha xuntanza esta mañá a través de videoconferencia para avanzar en diferentes proxectos que ambas entidades teñen en marcha na cidade. Entre eles, a tramitación da autorización preceptiva do organismo de conca para executar as obras de reconstrución da instalación termal ourensá, logo de que o Concello completase a documentación que lle require a Confederación para tramitar a autorización. O presidente da Confederación trasladoulle ao alcalde que desde o organismo de conca tramitarán a solicitude do Concello, que será sometida a información pública e podería estar lista no mes de xuño.

Ao remate da xuntanza, o alcalde valorou a importancia de “desbloquear” a reconstrución das Termas da Chavasqueira “que se atopan nun estado deplorable”. Así, dixo, “Concello e Confederación estamos tratando de avanzar na autorización e por fin nos deron a data: se todo vai ben, en xuño poderían autorizar a reconstrución das termas”.

A xuntanza, na que tamén participaron o coordinador xeral do Concello e técnicos municipais, serviu para avanzar en “distintos convenios que estamos levando a cabo para obras que levan moito tempo pendentes, que estamos destastacando, aos que por fin lle estamos dando unha saída”, asegurou o alcalde. Entre os que citou, o proxecto de saneamento de Velle.