Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Turismo e Termalismo

Áreas

O alcalde en funcións do Concello de Ourense, Armando Ojea, remitiulle esta mañá á Confederación Hidrográfica Miño–Sil (CHMS) a documentación complementaria que lle foi requirida por este organismo para a reconstrución das termas da Chavasqueira.

No expediente para a solicitude de autorización das obras de reconstrución da Chavasqueira, o Concello entregoulle, dentro do prazo concedido, os seguintes documentos: Un informe sobre a superficie ocupada de dominio hidráulico cartográfico polo equipamento público das termas da Chavasqueira de Ourense e as súas coordenadas; e unha declaración responsable, revisada e asinada tanto polo alcalde de Ourense en funcións coma pola concesionaria do contrato de explotación das termas.

Con esta acción, o Concello solicita que se admitan os documentos presentados e que se teña por cumprido o requirimento, co obxectivo de avanzar na reconstrución dun dos espazos máis recoñecidos da cidade, calcinado logo dun incendio o pasado 24 de abril de 2019.