Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Turismo e Termalismo

Áreas

Claustro de San Francisco

O Claustro de San Francisco abrirá co seu horario habitual o xoves e venres desta semana, malia ser días festivos. O recinto abrirá en horario de de 11.30 a 13.30 horas, pola mañá, e de 17:00 a 20:00 horas pola tarde. O resto das semana, o claustro gótico manterá os seus horarios habituais: sábado de 11:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 20:00 horas e domingo só pola mañá (de 11:30 a 13.30 horas). O luns permanecerá pechado, como é habitual, por descanso do persoal.

Piscina termal de As Burgas

O Concello de Ourense súmase á celebración do Día Mundial da Auga ampliando os horarios da piscina termal das Burgas do 22 ao 25 de marzo ata as 23.00 horas. Unha oportunidade única para gozar dun baño termal baixo as estrelas neste sitio histórico.

Visita as obras realizadas polo obradoiro de emprego

Este martes, 21 de marzo, tivo lugar o acto de clausura e remate do Obradoiro de Emprego “Ourense Termal” que ofreceu formación e capacitación profesional a 40 persoas e permitiu realizar melloras na ribeira termal e no entorno do Centro de Interpretación das Burgas.

Campaña Márcate un triple en Ourense

A Concellería de Turismo promociona a cidade de Ourense como destino turístico en toda España a través de Club Ourense Baloncesto. “Márcate un triple en Ourense” é o título da nova campaña que pon en marcha a Concellería, coa finalidade de posicionar a cidade como un destino turístico ideal entre o público seguidor do baloncesto nacional, convidándoos a gozar de tres grandes atractivos; baloncesto, espazos termais e gastronomía, xunto con recursos como o patrimonio, a súa oferta cultural ou a paisaxe.

Claustro de San Francisco

O Claustro de San Francisco manterase pechado até o martes 14 ao público por obras de mellora e remodelación na súa estrutura.

Estación termal de As Burgas

O Concello de Ourense pechará a estación termal das Burgas desde o domingo 12 ata o venres 17 de febreiro, ambos incluídos, para efectuar labores de mantemento. As actuacións centraranse nas instalacións e nos aseos, para que desta forma estean preparadas para as datas do Entroido, nas que Ourense agarda recibir un maior número de visitantes.

Reunión entre Jorge Pumar e Alejandro Rubín

O concelleiro de Turismo e Termalismo do Concello de Ourense, Jorge Pumar, e o xerente de Expourense, Alejandro Rubín, veñen de realizar a primeira das reunións para a planificación das actividades de promoción turística e termal da cidade para o ano 2017.

Ourense un plan perfecto

Ourense naceu como Aquis Auriensis, a cidade do ouro e a auga. Así foi chamada polos romanos, que hai dous mil anos fundaron nesta zona un primitivo asentamento ao pé das Burgas,as fontes nas que aínda hoxe continúa manando a auga máis de 60oC. Desde as súas orixes a cidade viviu nunha estreita relación coas súas augas termais, que aquí acadan un dos maiores caudais de toda Europa.

 

 

Roteiro termal polas beiras do Miño

Ourense non se entende sen a auga: a dos seus ríos e regatos, a da choiva, a que xoga nas fontes e moi especialmente as súas augas termais mineromedicinais. Baixo a cidade discorre un océano formado nas profundidades da terra, en acuíferos a máis de 1 km de profundidade, e que brota á superficie cun caudal de entre 3 e 4 millóns de litros ao día, un dos máis altos de Europa.