Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Turismo e Termalismo

Áreas

O alcalde Jesús Vázquez e o voceiro do PSdeG no Concello, Angel Vázquez Barquero, visitaron as obras na zona do Tinteiro, dentro do Plan de Investimentos, que rematarán a súa primeira fase este luns.

O obxecto da obra é a iluminación da pista de terra que une o Tinteiro coa pista vermella e que carecía de iluminación. Consíguese así completar con iluminación todo o circuito pola ribeira do Miño, logo de que tamén se instalase iluminación no outro punto onde non existía: a pasarela de Oira.

A solución escollida foi iluminar esa zona con proxectores.

O tipo de iluminación, polo que se optou, é a máis eficiente que actualmente existe, iluminación led, optando por luminarias dunha potencia de 30W para manter unha uniformidade na pista de 10 lux. As luminarias están programadas para que a partir de únaa da mañá reduzan o seu consumo un 30% e mantéñanse así ata as cinco e media da madrugada que volveran a dar o 100% da potencia total, co que conseguimos un maior aforro de enerxía.

O orzamento total da obra é de 39.033,03 EUR con IVE incluído.