Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Turismo e Termalismo

Áreas

O vindeiro martes 7 de agosto, ás 8:00 horas, iniciaranse os traballos de mantemento do acceso termal polo camiño da Vía Vella, desde a N-120 á altura de Carrocerías Dasán até o aparcadoiro das termas do Muíño da Veiga e da Chavasqueira. Os traballos, que correrán a cargo da Deputación de Ourense, desenvolveranse en horario 8:00 a 14:30 horas e teñen unha duración estimada de 6 días.

A Policía Local habilitará o dobre sentido no camiño de saída, desde o aparcadoiro até a N-120.

Os labores de mantemento iniciaranse cunha roza das marxes, e levarase a cabo unha regularización da capa granular que constitúe a rodaxe do firme existente.