Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Turismo e Termalismo

Áreas

A empresa xestora das termas de A Chavasqueira, Ibernisha SL. vén de presentar no rexistro do Concello de Ourense o proxecto de rehabilitación das Termas da Chavasqueira, paso previo necesario para a posta en marcha das obras de recuperación desta infraestrutura termal.

A presentación do proxecto realízase en tempo récord, antes de transcorrido un mes de prazo desde o incendio das termas, na noite do 24 de abril. O documento someterase á tramitación dos preceptivos informes municipais e sectoriais necesarios, previos á súa aprobación polo Concello no caso de que estes informes sexan positivos.

A empresa concesionaria, que investiu preto de dous millóns de euros nas instalacións de Outariz, destinará agora un orzamento de 475.167 euros (IVE engadido) para reconstruír as instalacións da Chavasqueira e devolvelas ao mesmo estado no que se atopaban antes do sinistro.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, confirmou que “o Concello axilizará ao máximo esta tramitación, no marco do seu compromiso porque a cidadanía volva gozar o antes posible destas instalacións de referencia do noso termalismo”. Nos seus 18 anos de funcionamento, pola Chavasqueira pasaron más dun millón de usuarios.