Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Turismo e Termalismo

Áreas

No marco da Feria Internacional de Turismo FITUR, Ourense e Logitravel renovaron o seu seu compromiso de colaboración para situar a cidade como destino singular cun paquete turístico completo que inclúe tren, hotel e alquiler de vehículo.

A axencia online líder en turismo vacacional e o Concello ratifican este acordo polo que Ourense estará posicionado como destino turístico nacional e no Norte de Portugal, tal e como sucedeu o pasado ano, pero esta vez completando a promoción con spots de 60 segundos online (youtube e facebook) e en medios audiovisuais, asi como en cines, onde se distribuirá un vídeo de Ourense nos Cines Yelmo que se achegará a un mínimo de 208.000 espectadores

O alcalde, Jesús Vázquez, e o responsable de marketing de Logitravel, Carlos García, rubricaron hoxe este acordo de colaboración polo que se realizarán 3 microcampañas (en primavera, outono e nadal) nas que Logitravel ofertará o paquete específico de Ourense como destino turístico singular. Tamén asistiron o xefe da área Comercial de Renfe, Mariano Santiso e Francisco Meleo, xefe de ventas e promoción comercial de Renfe

“Contar coa colaboración da empresa líder online en turismo vacacional é un luxo para Ourense, tendo en conta que esa colaboración comezou hai un ano con óptimos resultados para a proxección da cidade, cun paquete turístico completo, algo do que carecía esta cidade e algo que agradecemos enormemente a Logitravel e a Concellería de Turismo polo acordo adoptado”, sinala o alcalde, Jesús Vázquez.