Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Turismo e Termalismo

Áreas

Con motivo do Día Internacional do Guía Turístico, o alcalde, Jesús Vázquez; o concelleiro de Turismo, Jorge Pumar; e a delegada territorial da Xunta de Galicia, Marisol Díaz, participaron nunha visita guiada á Catedral organizada por este colectivo profesional.

O rexedor ourensán quixo salientar a importancia capital que para Ourense ten o Turismo. “Porque temos uns recursos naturais, históricos e artísticos excepcionais, que o pasado ano atraeron a máis de 30.000 persoas á nosa cidade”. (concretamente, 30.561).

“Isto demostra que Ourense é un destino atraente, especialmente no marco do turismo nacional. Datos que serven de acicate para seguir na nosa aposta por accións promocionais e por posicionar Ourense coma un referente do turismo de proximidade dentro do Estado”, subliñou o alcalde, Jesús Vázquez.

O rexedor recalcou que o turista precisa dunha persoa que saiba interpretarlle, explicarlle e contextualizarlle as cousas que a simple vista non se poden ver. “Creo sinceramente que todos e todas as ourensás deberiamos darnos o pracer de visitar a cidade a través dos ollos dos guías turísticos”, dixo Vázquez Abad.

“En definitiva, temos un potencial turístico enorme, pero debemos dotar de recursos para que os nosos visitantes teñan a máxima información ao seu alcance. E iso é o que facemos, xusto aquí, na Oficina de Turismo, onde poderán atopar persoal altamente cualificado para atendelo á súa chegada. Cónstame que tamén hai excelentes profesionais do turismo traballando en Ourense e hoxe temos a oportunidade de reivindicar o seu papel”, concluiu Jesús Vázquez.