Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Turismo e Termalismo

Áreas

Ourense é máis sinxelo grazas ao servizo de audioguías que a Concellería de Turismo pon a disposición dos visitantes a través do seu espazo web: turismodeourense.gal. Son máis de 20 pílulas informativas que, en galego, castelán e inglés, achegan información adicional sobre os principais puntos turísticos da cidade, e poden escoitarse online nos dispositivos móbiles. Jorge Pumar, concelleiro de Turismo e Termalismo, afirma que son “un servizo máis á disposición do turista que visita a nosa cidade, e un recurso para coñecer os lugares máis emblemáticos”, tamén “unha ferramenta para que a súa estancia sexa moito máis cómoda e agradable”, di.


As audioguías cobren o Ourense monumental, facendo paradas na Praza Maior e na súa contorna (o antigo Pazo Episcopal, a igrexa de Santa María Nai ou o pazo dos Oca-Valladares), nas Burgas ou nos lugares con maior encanto do centro histórico, como poden ser a praza do Ferro, a igrexa de Santo Domigo ou a Trinidade. Pero tamén se adentran nos espazos expositivos, caso do Museo Municipal ou o Belén de Arturo Baltar e mesmo o Claustro de San Francisco e o Centro Cultural Marcos Valcárcel.


As explicacións das Audioguías, elaboradas desde a propia Concellería de Turismo e Termalismo, viaxan por toda a cidade e fan un percorrido polas pontes, tanto a Vella coma a do Milenio, pero tamén visitan lugares coma o núcleo de interese etnográfico de Seixalbo ou a rúa do Paseo, onde poñen en valor o destino de compras que é a cidade de Ourense.


Información completa sobre o percorrido termal


O servizo de audioguías fai un completo percorrido sobre o Ourense termal: a fonte do Tinteiro, as termas da Chavasqueira, do Muíño da Veiga e de Outariz teñen o seu particular episodio, con información sobre a composición das augas e sobre as súas características beneficiosas para a saúde.