Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Turismo e Termalismo

Áreas

Foto Burgas

A media mensual de turistas foi de 1.651 persoas, se ben o número real foi incrementándose ao longo do ano: o mes de xuño rexistrou 2.123 visitantes.

“Ourense está chamada a converterse na gran porta de entrada a Galicia, tal e como demostra o aumento de visitantes de España e, cada vez máis, de fóra das nosas fronteiras”, apunta o alcalde Jesús Vázquez.

O número de visitantes procedentes doutros países aumentou un 353% (de 122 a 553 persoas atendidas) entre o primeiro e o sexto mes do ano, e o de visitantes españois un 217% (668 en xaneiro e 2.123 en xuño).

No caso dos peregrinos, o maior número procede de Francia (122), Estados Unidos (67) e Alemaña (55).

Foto termas

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, asistirá a Beijing para facer un relatorio sobre a capital termal no marco do International Mayor's Forum on Tourism que se celebra na cidade de Zengzhou, pero tamén haberá encontros con autoridades e con empresarios locais.

Foto presentación estudio Burgas autoridades

A eficacia das auguas mineromedicinies en pacientes con fibromialxia, das investigadoras Natalia Calvo e Reyes Pérez, da Escola Universitaria de Enfermería de Ourense.

Reunión entre o Concello e a Deputación de Ourense

Os días 3, 4 e 5 de outubro, Ourense acollerá a asamblea xeral da ETTHA, a European Historic Thermal Towns. Para a súa organización, o Concello e a Deputación constituiron un grupo de traballo dentro do Comité de Cooperación constituido entre ambas institucións

Logo do programa co gallo de Día Internacional do Guía Turístico

Con motivo do Día Internacional do Guía Turístico, o alcalde, Jesús Vázquez; o concelleiro de Turismo, Jorge Pumar; e a delegada territorial da Xunta de Galicia, Marisol Díaz, participaron nunha visita guiada á Catedral organizada por este colectivo profesional.

Presentación de Ourense en FITUR

O venres, 19 de xaneiro, tivo lugar no stand de Galicia da Feria Internacional de Turismo de Madrid a presentación turística da cidade de As Burgas, nun acto que contou con Sergio Pazos como mestre de cerimonias, con Adriana Domínguez como madriña e coas intervencións do alcalde, Jesús Vázquez; da directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro; e do concelleiro de Turismo, Jorge Pumar. Ao remate, o vixente Mellor Chef de Tapas de Galicia, Miguel González Quintela, preparou un pincho especial para o público asistente elaborado con auga de As Burgas.

Presentación da campaña con Logitravel

No marco da Feria Internacional de Turismo FITUR, Ourense e Logitravel renovaron o seu seu compromiso de colaboración para situar a cidade como destino singular cun paquete turístico completo que inclúe tren, hotel e alquiler de vehículo.

Oficina de Turismo de Ourense

O ano 2017 trouxo a Ourense case 4.000 turistas máis que no ano anterior, até un total de 30.561, o que supón un aumento do 15% respecto a 2016.

Presentación do proxecto dun hotel na rúa Reza

Ourense contará cun novo hotel de 25 habitacións, con dúas delas tipo suite, e catro estrelas. Terá piscina termal, ximnasio, salas de reunións e xardíns.

Logo de Sabores de Ourense

O salón de plenos do Concello de Ourense acolleu na tarde do 17 de novembro o acto de entrega dos premios da décima edición do concurso de pinchos Sabores de Ourense – edición Outono 2017 que organiza a Concellería de Turismo e Termalismo coa Unión de Hosteleiros de Ourense (UHO). A Cuqueira da Lourdes, Atarazana e A saia da Carolina elaboraron os tres pinchos gañadores desta edición, na que participaron un total de 46 establecementos da cidade.