Turismo e Termalismo

Oficina Municipal de Turismo

Isabel la Católica, 2 Ourense (32003)

Teléfono: 988 366 064

Horario: Lunes­ a viernes: 9.00­ - 14.00 y 16.00 - ­20.00 horas. Fin de semana: 11.00 - ­14.00

Web oficial: http://turismodeourense.gal/

Seccións

A continuación amósase unha listaxe de seccións que compoñen esta área. Podes obter máis información premendo sobre cada unha das seccións:

  • Información turística e cultural de Ourense
  • Información sobre aloxamentos e restauración en Ourense
  • Entrega gratuíta de mapas e folletos turísticos
  • Axenda de eventos
  • Consulta de horarios de trens e autobuses
  • Información sobre visitas guiadas
  • Punto de acceso a Internet

Ourense non se entende sen a auga: a dos seus ríos e regatos, a da choiva, a que xoga nas fontes e moi especialmente as súas augas termais mineromedicinais. Baixo a cidade discorre un océano formado nas profundidades da terra, en acuíferos a máis de 1 km de profundidade, e que brota á superficie cun caudal de entre 3 e 4 millóns de litros ao día, un dos máis altos de Europa.

A tradición do baño termal acompaña a cidade desde as súas orixes, e aínda segue a practicarse nas numerosas instalacións dispoñibles: termas históricas, piscinas en plena natureza, pequenos balnearios inspirados polo afastado oriente...

As nosas augas son fonte de saúde, beleza e benestar: coidan a pel, polo que están indicadas para problemas dermatolóxicos, e son ademais unha forma magnífica de descontraer os músculos, sendo moi útiles á hora de tratar reumatismos, contracturas, etc.

Termas e historia: As Burgas

O termalismo en Ourense ten máis de dous mil anos de historia e comeza nos mananciais das Burgas. Os primeiros poboadores romanos levantaron aquí edificios para o culto e goce destas augas, iniciando unha tradición que chega até os nosos días. Declaradas en 2007 Bén de Interés Cultural, visitalas é imprescindible para coñecer a historia de Ourense e entender a súa íntima relación coas augas: tocalas e sorprenderse, descubrir os seus misterios no Centro de Interpretación e gozar dun baño na súa piscina termal, practicamente da mesma forma e no mesmo lugar que a dos nosos antepasados romanos hai dous mil anos.

Pode obterse máis información na web municipal de turismo

Termas e natureza: Roteiro Termal do Miño

As ribeiras do río Miño constitúen a grande arteria verde da cidade. No seu tramo máis occidental, despois da Ponte do Milenio, atopamos numerosos mananciais de auga termal, moitos deles acondicionados para o baño. Trátase do Paseo Termal do Miño: 5 quilómetros de  ribeira e sete instalacións termais nas que descansar e relaxarnos mentres gozamos dun baño en plena natureza, sexa inverno ou verán.

O paseo comeza na marxe dereita do río, na zona termal da Chavasqueira, a máis próxima á cidade. Aquí poderemos elixir entre o ambiente de inspiración xaponesa de Termas A Chavasqueira ou un baño nas piscinas exteriores de acceso gratuíto.

O camiño continúa ata O Tinteiro, unha fonte termal nun miradoiro sobre o río, sempre moi frecuentada. Dous quilómetros máis adiante atopamos á zona termal de Muíño da Veiga coas súas catro piscinas e, ao carón, as Termas de Outariz, instalación que ofrece tratamentos de beleza, sauna e dous circuítos termais a prezos moi competitivos. Xusto antes da pasarela que cruza á marxe oposta atoparemos as zona de baño de Outariz e Burga de Canedo, o maior centro de actividade termal en Ourense e, ademais, de uso gratuíto. Na outra ribeira, en Reza, continúa a ruta polo Paseo das Ninfas, onde veremos o último espazo termal a fonte de Reza.

Paseo termal del Miño (pdf)

 

Ourense naceu como Aquis Auriensis, a cidade do ouro e a auga. Así foi chamada polos romanos, que hai dous mil anos fundaron nesta zona un primitivo asentamento ao pé das Burgas,as fontes nas que aínda hoxe continúa manando a auga máis de 60oC. Desde as súas orixes a cidade viviu nunha estreita relación coas súas augas termais, que aquí acadan un dos maiores caudais de toda Europa.

Estas mananciais, agasallo da Natureza, son sen dúbida un dos principais atractivos turísticos de Ourense: ben sexa no centro histórico ou nas marxes do río Mio, calquer momento do día é bo para gozar dun baño quente ao aire libre nalgunha das súas instalacións, sexa inverno ou verán.

Pero Ourense é moito máis que auga, é un destino que sorprende a quen nos visita. Situado nunha encrucillada natural de camiños e cunha paisaxe debuxada polo curso dos ríos, a cidade tivo sempre unha vontade de proxección cara ao exterior que se traduce no sentido da hospitalidade que caracteriza as súas xentes.

Nas praciñas e ruelas do seu Centro Histórico, un fermosos laberinto construído en pedra, pálpase ben ese carácter amable, con animadas terrazas á sombra de monumentos como a Catedral de San Martiño, o Antigo Pazo Episcopal ou o Pazo Oca ­ Valladares (hoxe, o Liceo).

A súa apretada axenda cultural, a variada oferta comercial e a súa magnífica gastronomía acaban de perfilar unha cidade que destaca pola súa calidade de vida e cautiva aos seus visitantes.

Propostas para coñecer Ourense

Amplía información e planifica a túa viaxe en http://www.turismodeourense.gal

Documentos