Urbanismo, Licenzas e Vivenda
Áreas
Os grupos políticos representados no Concello de Ourense reuníronse esta mañá, no salón de plenos, para traballar na aprobación dun plan de ordenación urbana para a cidade (PXOM). Esta cita, preparatoria das que virán ata chegar a un acordo, quixo sentar as bases do diálogo “para acadar unha maioría”, en palabras do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome.
En 2021 teñen a obriga de realizar a inspección técnica os edificios construídos no ano 1990. O padrón completo de edificios pode consultarse nas oficinas administrativas da Inspección Técnica de Edificios (ITE) situadas na rúa García Mosquera, n º 19 e na páxina web do Concello de Ourense, en Inspección técnica de edificios
A exposición ao público do padrón de edificios suxeitos á inspección técnica ten a consideración de notificación para as persoas interesadas, e obrígaas a realizar a correspondente inspección no transcurso do ano 2021.
No caso de incumprimento será considerado como infracción urbanística sancionable segundo os termos indicados na lexislación vixente
DOCUMENTACIÓN
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, propúxolles aos grupos municipais a expropiación do edificio María Goretti durante a comisión de Urbanismo celebrada esta mañá no salón de plenos, logo de ser preguntado polo estado no que se encontra o inmoble.
O Concello de Ourense restaurará e porá en valor o cruceiro do Outo do Cumial.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, convocou os grupos políticos con representación no Concello a unha xuntanza para avanzar na aprobación do novo Plan de Urbanismo. A xuntanza celebrarase o vindeiro luns 5 de outubro ás 12:00 horas no salón de plenos.
O Instituto de Ciencias da Construción Eduardo Torroja, dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e Maderia. Sociedade Española da Madeira poñen como exemplo de rehabilitación e defensa do patrimonio arquitectónico o albergue de peregrinos da cidade, ao entender que nel se defenden as ideas dunha rehabilitación económica e ecoloxicamente sostible á vez que se defende o patrimonio cultural da cidade.
As obras de remodelación da Praza de Abastos número 1 de Ourense teñen vía libre logo de que esta mañá se desaloxasen os últimos postos ocupados do recinto.
O Concello de Ourense, a través de un decreto de Alcaldía, ampliará o peche das terrazas na vía pública até as 2:30 horas da madrugada, dende o xoves ata o domingo, ambos incluídos
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, valora o compromiso do goberno coa mellora das condicións de accesibilidade en edificios de diferentes zonas da cidade.
A xunta de goberno local do Concello de Ourense acordou na súa xuntanza desta mañá conceder as licenzas para os proxectos básicos e de execución do Centro de Atención ás Persoas Discapacitadas para maiores de 21 anos (CAPD) e do Centro de Innovación da Formación Profesional, dúas iniciativas que executará a Xunta de Galicia que suman preto de 10 millóns de euros de orzamento de execución material.