Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Urbanismo, Licenzas e Vivenda

Áreas

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, convocou os grupos políticos con representación no Concello a unha xuntanza para avanzar na aprobación do novo Plan de Urbanismo. A xuntanza celebrarase o vindeiro luns 5 de outubro ás 12:00 horas no salón de plenos.

albergue de peregrinos

O Instituto de Ciencias da Construción Eduardo Torroja, dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e Maderia. Sociedade Española da Madeira poñen como exemplo de rehabilitación e defensa do patrimonio arquitectónico o albergue de peregrinos da cidade, ao entender que nel se defenden as ideas dunha rehabilitación económica e ecoloxicamente sostible á vez que se defende o patrimonio cultural da cidade.

As obras de remodelación da Praza de Abastos número 1 de Ourense teñen vía libre logo de que esta mañá se desaloxasen os últimos postos ocupados do recinto.

O Concello de Ourense, a través de un decreto de Alcaldía, ampliará o peche das terrazas na vía pública até as 2:30 horas da madrugada, dende o xoves ata o domingo, ambos incluídos

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, valora o compromiso do goberno coa mellora das condicións de accesibilidade en edificios de diferentes zonas da cidade.

Praza Maior

A xunta de goberno local do Concello de Ourense acordou na súa xuntanza desta mañá conceder as licenzas para os proxectos básicos e de execución do Centro de Atención ás Persoas Discapacitadas para maiores de 21 anos (CAPD) e do Centro de Innovación da Formación Profesional, dúas iniciativas que executará a Xunta de Galicia que suman preto de 10 millóns de euros de orzamento de execución material.

Praza do Cabildo

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou na súa xuntanza do día 6 de maio de 2020, conceder licenza á empresa instaladora para a despregadura da fibra óptica no Núcleo Etnográfico de Seixalbo. Con este acordo, "acabamos de cumprir un dos compromisos que adquirín hai tres semanas cos veciños de Seixalbo", sinala a concelleira de Urbanismo, Sonia Ogando, quen subliña que "desde o Concello de Ourense e en concreto desde a Concellería de Urbanismo, cumprimos así coa palabra dada o pasado 13 de abril, cando me comprometín a axilizar ao máximo o trámite final para chegar a este punto, previo e imprescindible para que agora a empresa instaladora dote de fibra óptica a esta zona. Logrouse en 22 días e foi polo esforzo do persoal municipal da oficina de rehabilitación, que agradezo expresamente. Deste xeito os veciños e veciñas de Seixalbo poderán contar cunha conexión a Internet digna dos tempos actuais", asegura Sonia Ogando.

 

 

Foto de Seixalbo

O goberno municipal asume o compromiso cos veciños de Seixalbo de axilizar o trámite final para proceder á colocación de fibra óptica nese núcleo etnográfico do municipio, pero deixando claro a concelleira de Urbanismo, Sonia Ogando, que a demora en todo o proceso “non é responsabilidade do goberno municipal, senón da empresa que debería levar a cabo os traballos correspondentes, contando para iso coas necesarias licenzas”.

Foto da entrega das chaves das vivendas

Oito familias ourensás recibiron esta mañá as chaves das vivendas protexidas construídas pola Xunta de Galicia coa colaboración do Concello, no barrio de Covadonga. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez e o tenente de alcalde do Concello de Ourense, Jorge Pumar, asistiron ao acto de entrega dos inmobles a outras tantas familias que previamente se inscribiran no Rexistro de demandantes de vivenda.

Axudas ARRU

Técnicas da Oficina de Rehabilitación do Concello de Ourense achegaranse aos barrios para informar das axudas ás que poden optar as persoas que desexen realizar proxectos de rehabilitación de edificios e vivendas nas áreas de rehabilitación (ARRU) da cidade. Atenderán o público o primeiro e o segundo mércores de cada mes no Centro Municipal La Molinera, na rúa do Abrevadoiro, 2, para os barrios da ARRU do Polvorín, A Carballeira e As Camelias. O terceiro e o cuarto mércores de cada mes estarán no local da Asociación Veciñal dos Rosais, na rúa da Serra Martiñá, número 44, baixo, para informar sobre a ARRU Serra San Mamede, Cruceiro Quebrado e A Inmaculada. Nos dous casos, de 10 a 14 horas, coa posibilidade de adaptar o horario en función da demanda.