Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Urbanismo, Licenzas e Vivenda

Áreas

Ourense, 15 de xullo de 2017.

O Concello de Ourense destaca que a adxudicación por parte da Xunta de Galicia das obras de rehabilitación do inmoble situado no número 14 da rúa Cervantes “vai supoñer un importante impulso á revitalización do casco histórico, junto á próxima inauguración do mellor albergue de peregrinos da Ruta de la Plata do Camiño de Santiago” e para a súa “ocupación por novas familias que farán desta zona emblemática da cidade un espazo vivo e atractivo para vivir”.

Así o sinala o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, tras salientar a excelente nova que supón que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda adxudicase esta semana o contrato que vai permitir contar cun novo edificio rehabilitado con tres vivendas e un local comercial nesta rúa.

A obra, incluída dentro do Programa Rexurbe co que o Goberno galego aposta por revitalizar as zonas históricas de diferentes vilas e cidades galegas, suporá unha inversión superior aos 581.000 euros e terá un prazo de execución de 12 meses.

Para o rexedor, este proxecto “é un novo exemplo do excelente diálogo” entre o Concello e o departamento que dirixe a conselleira Ethel Vázquez, e “supón un paso cara adiante á hora de converter o Casco Vello nun espazo dinámico, cunha poboación renovada e interesante para a posta en marcha de locais comerciais”.

O Concello subliña que ao longo dos últimos meses, ao abeiro do Programa Rexurbe e da man da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, intensificouse a recuperación de inmobles no Casco Vello para destinalos a vivendas sociais e para a instalación de negocios nos seus baixos.

De este modo estase a dar resposta a unha das prioridades deste Goberno Municipal: o asentamento de familias que supoñan o punto de partida para a recuperación demográfica e económica deste espazo emblemático da cidade.

Así, o pasado mes de abril botaban a andar as obras no número 2 da rúa do Vilar, que contan cun orzamento de preto de 374.000 euros e un prazo de execución de 12 meses. O pasado mes de xuño, iniciáronse nos números 3 e 5 desta mesma rúa, cun orzamento situado entorno aos 494.000 euros.

Por outra banda o Concello recorda que está previsto que as obras de rehabilitación no casco histórico de Ourense se amplíen aos inmobles que a Xunta adquira a raíz da oferta pública de adquisición realizada en febreiro de 2018.

Na actualidade os técnicos do Instituto Galego de Vivenda e Solo están a comprobar a documentación presentada polos donos de catro inmobles situados nas rúas Cervantes, Dous de Maio, Manuel Sueiro e Pelaio.