Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Urbanismo, Licenzas e Vivenda

Áreas

 

A restauración da igrexa parroquial da Trinidade, que será executada pola Xunta de Galicia, xa conta coa licencia de obra municipal. “O proxecto, redactado polo arquitecto Ignacio Inaraja, ten un orzamento de execución material de 263.653,34 euros, e ten o visto bo da arquitecta municipal, da Comisión Técnica Municipal de Protección de Bens Culturais, da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, e conta ademais cos informes positivos do arqueólogo municipal e do departamento xurídico”, adiantaba esta mañá o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, na rolda de prensa posterior á xunta de goberno local. O prazo máximo de inicio das obras é de 6 meses, e o prazo de execución máximo, de tres anos.