Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Urbanismo, Licenzas e Vivenda

Áreas

O Concello de Ourense, a través das Concellerías de Urbanismo e Participación Cidadá, organiza tres reunións para informar a veciñanza da convocatoria 2019-20 de axudas á rehabilitación dos elementos comúns dos edificios e dos interiores das vivendas nas ARRUs do Polvorín, Camelias e A Carballeira, e na de Serra San Mamede, Cruceiro Quebrado e A Inmaculada.

  • Para os veciños que residen nas rúas englobadas na ARRU San Mamede, Cruceiro Quebrado e A Inmaculada, a charla será o martes 15 de outubro, ás 19:30 horas no CEIP Inmaculada. Esta convocatoria de axudas para a rehabilitación de edificios e vivendas ten un orzamento de 180.000 euros, financiado polo Plan Estatal de Vivenda 2018-2021.

  • A segunda quenda será o xoves 24 de outubro ás 19:30 horas no colexio Amadeo Rodríguez Barroso, coa fin de facilitarlle ao máximo número de veciños esta importante información.

  • A charla informativa que está dirixida aos veciños que residen nas rúas englobadas na ARRU do Polvorín, Camelias e A Carballeira será o xoves 17 de outubro, ás 19:30 horas en La Molinera terá lugar . Esta convocatoria de axudas para a rehabilitación de edificios e vivendas ten un orzamento de 910.000 euros, financiado polo Plan Estatal de Vivenda 2018-2021.

A concelleira de Urbanismo, Sonia Ogando, sinala que “estas axudas contan cun orzamento de máis de 1 millón de euros, procedente do Plan Estatal de Vivenda, e as persoas interesadas poden informarse na oficina do Servizo de Rehabilitación do Concello, na rúa da Primavera nº1”. Pola súa banda, a edil de Participación Cidadá, Flora Moure, sinala que “é fundamental que a veciñanza que se poida beneficiar destas axudas para mellorar as súas vivendas coñeza toda a información e poida acollerse a elas”.

As bases desta convocatoria de subvencións 2019-20 poderán consultarse no boletín Oficial da Provincia de Ourense nº159 de data 12 de xullo de 2019.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Ourense ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015. As persoas interesadas, igualmente, poden obter máis información na oficina do Servizo de Rehabilitación do Concello de Ourense, na rúa Primavera nº1 (988.366.235 / 237) e no correo electrónico ofperi[arroba]ourense.es