Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Urbanismo, Licenzas e Vivenda

Áreas

Na sede da Concellería de Urbanismo, foi constituída esta mañá á comisión creada pola concelleira de Urbanismo, Sonia Ogando, para buscar unha solución transversal ao problema dos ruidos no Centro Histórico. Tal e como se comprometera a concelleira de Urbanismo no pleno do pasado 4 de novembro, esta mañá foi constituído este equipo de traballo, formado por representantes de todos os grupos políticos, de asociación veciñais e de hostaleiros. A vindeira sesión de traballo será o 15 de xaneiro e, dada a importancia do asunto a tratar, estableceuse unha periodicidade quincenal para todas as reunións e poder avanzar con maior dilixencia neste traballo.

“Partimos do diálogo e da absoluta certeza de que estamos ante un problema que debe ser abordado de xeito transversal para acadar entre todos unha solución global, na que a convivencia harmónica entre o descanso e o ocio nocturno ten que ser un obxectivo irrenunciable”, sinala a concelleira Sonia Ogando, quen agradece a vontade de todos os integrantes da comisión en colaborar para consensuar unha solución axeitada para este problema.

Na reunión de hoxe quedou estipulado que se lles entregará a todos os membros un borrador de ordenanza sobre o que poder traballar, coa fin de poner en común as aportacións de todos os integrantes da comisión e incorporalas ao texto nos primeiros días de xaneiro