Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Urbanismo, Licenzas e Vivenda

Áreas

Esta mañá celebrouse a segunda reunión da comisión de seguimento constituída o pasado 26 de novembro por iniciativa da Concellería de Política Social, Igualdade e Saúde co fin de aprobar a ordenanza que regule o consumo de alcohol nas rúas de Ourense.

A concelleira Eugenia Díaz Abella reuniu hoxe de novo os grupos políticos e o presidente da Federación de Asociacións Veciñais Limiar, Manuel Mosquera, para compilar as achegas ao texto -xa redactado no anterior mandato, pero sen apoios necesarios para a súa aprobación- da 'Ordenanza reguladora da convivencia cívica e a protección da saúde derivada do consumo, venda e publicidade do alcohol', a coñecida popularmente como “ordenanza do botellón”.

“Seguimos traballando con intensidade, partindo dun traballo realizado no anterior mandato, onde o fundamental é enriquecer o texto co maior consenso posible, para lograr unha ordenanza que sexa práctica, viable e que contribúa a regular un problema de convivencia cívica e de saúde”, sinala a concelleira popular. “Agora analizaremos as achegas planeadas e volverémonos reunir o vindeiro día 23 para continuar avanzando”, di.