Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Urbanismo, Licenzas e Vivenda

Áreas

O goberno municipal asume o compromiso cos veciños de Seixalbo de axilizar o trámite final para proceder á colocación de fibra óptica nese núcleo etnográfico do municipio, pero deixando claro a concelleira de Urbanismo, Sonia Ogando, que a demora en todo o proceso “non é responsabilidade do goberno municipal, senón da empresa que debería levar a cabo os traballos correspondentes, contando para iso coas necesarias licenzas”.

Esta mañá tivo lugar no salón de plenos a xuntanza solicitada pola Asociación de Veciños de Seixalbo, na que o seu presidente, Xosé Carballido, trasladou a inquedanza pola situación. O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, amosou a súa receptividade para resolver o problema canto antes e, como explicou a concelleira de Urbanismo, puxo de manifesto a vontade dende o primeiro momento do goberno municipal, de que se puidese contar con este servizo.

Neste senso, Sonia Ogando trasladoulle ao presidente da asociación de veciños que a importante demora non é imputable ao Concello senón á empresa que debería proceder á instalación, neste caso Telefónica. Para indicar que está pendente dun informe xurídico, e logo tomar a decisión correspondente na Xunta de Goberno Local.
Dito o cal, e despois de que Xosé Carballido recoñecese que a actuación da Concellería de Urbanismo “foi impecable con nós”, Sonia Ogando lamentaba que por parte da empresa encargada da colocación da fibra óptica “se puxesen trabas, ata o punto de que fose un técnico municipal o que rematase o proxecto que se requirira”, para dese xeito poder contar coas necesarias licenzas e actuar nese núcleo etnográfico.

Para a concelleira de Urbanismo, “non se ten dúbida de que se trata de que é un servizo importante, sobre todo nestes momentos debido á situación de alarma” para poder desenvolver actividades de teletraballo, asi coma o relativo aos colexios e a educación en liña dos escolares, mais deixa claro que “non é xusto botarlle a culpa ao Concello cando non a ten, e iso débeno saber os veciños”.