Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Urbanismo, Licenzas e Vivenda

Áreas

A xunta de goberno local do Concello de Ourense acordou na súa xuntanza desta mañá conceder as licenzas para os proxectos básicos e de execución do Centro de Atención ás Persoas Discapacitadas para maiores de 21 anos (CAPD) e do Centro de Innovación da Formación Profesional, dúas iniciativas que executará a Xunta de Galicia que suman preto de 10 millóns de euros de orzamento de execución material.

A Consellería de Política Social recibe a licenza de obra para o proxecto básico e de execución do CAPD na rúa de Cesáreo González, en Barrocás, cun orzamento de execución material de 5.628.757,04 euros. Contará con 110 prazas -80 de residencia e 30 de centro de día- e construirase nun terreo de 5.700 metros cadrados (4.500 útiles) e actuarase sobre a contorna da parcela incluíndo zonas verdes e de aparcamento. As obras deberán comezar antes de remate deste ano.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, pola súa banda, conta tamén coa licenza para construír o Centro de Innovación da Formación Profesional na rúa de Ramón Abellás, en Mariñamansa, cun orzamento de execución material de 2.848.909,48 Euros.