Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Urbanismo, Licenzas e Vivenda

Áreas

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, convocou os grupos políticos con representación no Concello a unha xuntanza para avanzar na aprobación do novo Plan de Urbanismo. A xuntanza celebrarase o vindeiro luns 5 de outubro ás 12:00 horas no salón de plenos, e contará coa participación dun representante de cada grupo municipal (PsdeG-PSOE, PP, C´s e BNG, e Miguel Caride), aos que o alcalde lles remitiu resta mañá a convocatoria para asistir á xuntanza, que contará tamén coa presenza de técnicos da Concellería de Urbanismo.

O alcalde quere “retomar o diálogo” e avanzar nos trámites e “acelerar os tempos” para a aprobación do novo planeamento urbanístico da cidade. “Temos que tentar sacar esta cidade adiante e ímolo conseguir porque é un tema vital”, asegura o rexedor, quen pretende buscar un “consenso·que permita o novo documento sexa aprobado polo Pleno do Concello.


A este respecto, lembra que “no seu día denunciamos que non se podía dar a aprobación provisional en xunta de goberno local. Se ben é certo que nós agora temos o control da xunta de goberno, non iremos contra as nosas palabras. Queremos que o plan se aprobe en pleno e polo tanto é necesario chegar a un consenso. Por iso, para retomalo e definir a folla de ruta cara unha aprobación futura e acelerar os tempos ao máximo convocamos os grupos municipais para reunirnos cos técnicos municipais e traballar no PXOM”.