Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Urbanismo, Licenzas e Vivenda

Áreas

O Concello de Ourense restaurará e porá en valor o cruceiro do Outo do Cumial. Este cruceiro áchase no cruce entre a estrada nacional 525 e a estrada local a Rairo no Outo do Cumial. Actualmente atópase protexido polas obras rehabilitación que se están realizando ao seu carón pola Xunta de Galicia, Consellería de Infraestruturas e mobilidade, obras consistentes na rehabilitación da casa do legoeiro e mellora e integración paisaxística no entorno do Camiño de Santiago.

Con esta obra o Concello quere contribuír á posta en valor deste ben, catalogado como tal no PXOM de 2003 que, malia ser anulado, permite conservar a protección que no seu día se lle outorgou.

As actuacións propostas para a reparación e posta en valor deste cruceiro consistirán na desmontaxe de determinadas pezas para a eliminación de elementos como morteiro de cemento ou ferro, limpeza e, novamente, montaxe con materiais que non oxiden e melloren a estética do mesmo.