Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Urbanismo, Licenzas e Vivenda

Áreas

A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou na súa xuntanza desta mañá a concesión definitiva dun total de 23 subvencións a proxectos de rehabilitación de edificios e vivendas executadas nas áreas de rehabilitación e rexeneración urbana (ARRU) da cidade, por un importe total de 198.7241,0 euros. Na mesma sesión, a xunta de goberno aprobou conceder licenza de obra para unha zona de campamento de caravanas e autocaravanas en Reza. En total, a xunta de goberno local do Concello aprobou na súa xuntanza desta mañá un total de 29 asuntos presentados polas diferentes áreas e servizos municipais.

Licenzas (5). Aprobar o  proxecto modificado de proxecto básico e de execución de construción dun edificio para 18 vivendas na  Avenida de Santiago, cun orzamento de execución material de 323.844,54 euros.

Concederlle á comunidade de Propietarios licenza para o proxecto básico e de execución para instalación de ascensor nun edificio na rúa da Concordia. Por outro lado, concederlle á comunidade de Propietarios, unha prórroga de seis meses para iniciar as obras do proxecto básico e de execución de instalación de ascensor nun edificio da rúa Río Bibey.

Concederlle a un particular licenza de obra para construír un almacén agrario.

Concederlle a Promociones Inmobiliarias Piña 2005, SL, licenza de obra de adaptación de terreo para campamento de caravanas e autocaravanas en Reza. A superficie total da parcela é de 6.191 metros cadrados, emprazada na marxe esquerda do río OU na marxe dereita da estrada de Reza, á altura da E.S. Anpián. O cámping contará con espazo para 60 caravanas, cada parcela será de 60 metros cadrados como mínimo, e terán os servizos de auga, electricidade. A licenza outórgalle tres anos de prazo de execución das obras.

Disciplina (1). Impoñerlle unha multa coercitiva a unha particular por non cumprir os acordos da xunta de goberno local en relación a unha denuncia por obras de reforma nun inmoble na rúa Licenciado Molina.

Servizo de Rehabilitación, VPP e Peris (23). A xunta local aprobou a concesión de axudas a un total de 23 actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no marco das Áreas de rexeneración e rehabilitación urbana (ARRUs) da cidade. Con estas axudas, o Concello dálle apoio a proxectos de reforma realizados neste caso nas áreas de O Polvorín, As Camelias e A Carballeira, e na de San Mamede, Cruceiro Quebrado e A Inmaculada. Destas actuacións beneficiáronse edificios e vivendas situados nas rúas  Benito Fernández. Alonso (3), As Camelias, Fernández Bordás (2) Antonio Jaunsarás, Praza da Lexión (3), rúa do Meco,  Avenida de Portugal (2), Nicomedes Pastor Díaz, Avenida de Portugal, Vázquez Núñez, Carriarico,  Grupo Santa. Bárbara, Marcelo Macías, Filomena Dato (2) e Zanfona, todas elas na ARRU O Polvorín, e a rehabilitación dunha vivenda na rúa Travesa, dentro da ARRU dos barrios San Mamede, Cruceiro quebrado e A Inmaculada.

Os acordos supoñen outorgar definitivamente as subvencións solicitadas, que chegan a través do Plan de Vivenda 2018-2021, que desenvolve o Concello xunto coa Xunta de Galicia e o Goberno Central, e se conceden definitivamente toda vez que as obras xa remataron e obtiveron a cualificación definitiva do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

As actuacións incluíron proxectos de reforma de baños ou cociñas, cambio de fiestras e portas exteriores, instalación ou renovación de calefacción,  electricidade, fontanería a carpinterías exteriores, substitución de caldeiras, mellora de envolvente térmica ou instalación de ascensor. O importe das axudas vai desde 1.3085,90 para a reforma dun baño até 42.364, polas obras de instalación dun ascensor nun edificio residencial.

As axudas poden chegar desde o 40% até o 85% do orzamento subvencionable: O 40% é a porcentaxe de subvención con carácter xenérico, que se pode elevar un 10% máis se a persoa demandante é residente na vivenda que rehabilita. A axuda pode chegar até o 85% tendo en conta factores como os ingresos da persoa solicitante, ou o tipo de obra, se se trata de mellora de accesibilidade para persoas maiores de 65 anos.

O Concello abrirá proximamente novos prazos para solicitar axudas de rehabilitación nas 4 áreas de rehabilitación: centro histórico; O Polvorín, As Camelias, A Carballeira; Seixalbo, e San Mamede-Cruceiro Quebrado e A Inmaculada.
As persoas interesadas neste programa poden contactar co Servizo de Rehabilitación, VPP e PERIS do Concello de Ourense, na rúa Primavera, nº 1, teléfono: 988 366 235.