Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Urbanismo, Licenzas e Vivenda

Áreas

A xunta de goberno local do Concello acordou na súa xuntanza desta mañá concederlle licenza de obra á Diócese de Ourense para executar o proxecto de restauración da reixa e púlpitos do altar maior da Catedral, que suporán un investimento de 270.000 euros. Na mesma sesión, aprobou novas axudas para a rehabilitación de edificios nas áreas de rehabilitación urbana (ARRU) da cidade, por un importe de máis de 63.000 euros.

Na xuntanza celebrada esta mañá no salón de plenos, abordáronse un total de 36 asuntos presentados polas diferentes áreas e servizos municipais.