Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Urbanismo, Licenzas e Vivenda

Áreas

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, ordenoulle ao servizo de Planeamento Urbanístico que ultime os trámites do expediente do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para que o equipo redactor poida presentalo ao pleno para a súa aprobación provisional.

A proposta do alcalde, que posúe as competencias en materia de Urbanismo, o equipo redactor pulirá os últimos detalles do plan antes de sometelo á aprobación provisional do Pleno e remitirllo á Xunta de Galicia. Esta nova redacción leva “pequenas modificacións” respecto do anterior, en palabras do alcalde de Ourense, “en temas dotacionais e na redistribucións de aproveitamentos estratéxicos”.

Á tramitación do PXOM quedaríalle, pois, o plácet do Pleno para a súa aprobación provisional e o visto bo da Xunta antes da súa aprobación definitiva.