Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Urbanismo, Licenzas e Vivenda

Áreas

Foto fachada Concello
  • A dotación inicial este ano será de 1,3 millóns de euros, aportados polo Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia
  • A instancia para realizar a solicitude está colgada na web do Concello e o prazo para presentala é de dous meses
  • Este ano o proxecto presenta a novidade de cubrir obras no interior das vivendas particulares

Vista de Ourense dende As Burgas.

O xoves 1 de febrero a Xunta de goberno ven de aprobar o Plan Estratéxico de subvencións da Área de Urbanismo, que está publicado na web do concello para a súa consulta

O alcalde visita as obras

O alcalde de Ourense visitou as obras de mellora da accesibilidade na intersección entre as rúas Ramón Puga e Saínza, un proxecto que conta cun orzamento de 13.700,45 euros e que terá un prazo de execución dun mes.

Modificación do PREPI. Museo Arqueolóxico

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do día 6 de outubro do ano 2017, acordou a aprobación definitiva da "Modificación puntual del PEPRI da Zona histórica de Ourense para permitir a execución do proxecto de rehabilitación do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense"

Logo dos programas ARRU en Ourense

O martes 31 de outubro celebrarase un pleno extraordinario urxente para asinar os convenios de colaboración entre o Ministerio de Fomento, o IGVS e o Concello de Ourense en materia de actuacións nos ARRU do Casco histórico de Ourense (15ª fase), ARRU do NIE de Seixalbo (10ª fase), ARRU do Polvorín, Camelias e Carballeira (4ª fase), e ARRU de Serra San Mamede, Cruceiro Quebrado e Inmaculada (2ª fase).

Vista de Ourense dende As Burgas.

O Boletín Oficial da Provincia publica o 9 de outubro as bases xerais para as convocatorias de subvencións do custo económico da realización dos informes da Inspección Técnica de Edificios

Plano das obras.

A rúa Vasco Díaz Tanco será obxecto dun das máis ambiciosas actuacións previstas no Plan de Investimento Municipal que desenvolve o Concello de Ourense no presente ano 2017. O proxecto das obras, cuxo expediente de contratación aprobouse esta semana, prevé un investimento de 817.606,98 euros, e un prazo de execución de 6 meses.

Concello de Ourense

O Concello de Ourense contará con 14 novas vivendas de protección oficial destinadas a familias en risco de exclusión social. Grazas ao Plan Rehavita da Xunta de Galicia, que achega case 2 millóns de euros para estes inmobles, as familias máis necesitadas poderán contar con vivendas con todas as comodidades posibles a alugueres alcanzables. En total, hai 8 novas vivendas na rúa Alejandro Pedrosa que se suman ás rehabilitacións na Rúa Cervantes 14 e Rúa do Vilar 1, 3 e 5.

A Área de Rexeneración e Renovación Urbana -ARRU- O Polvorín, Camelias, A Carballeira, vivirá un impulso de actividade cos 12 proxectos seleccionados, logo da súa aprobación, o pasado xoves, pola xunta de goberno local do Concello de Ourense, e que lles serán remitidos ao Instituto Galego de Vivenda e Solo para a súa cualificación provisional e, se procede, outorgamento da subvención: en total, outorgaranse 216.657,99 euros.

Vista de Ourense dende As Burgas.

O Goberno Municipal convocará a Comisión de Seguimento do PXOM -unha vez transcorrido o Pleno do vindeiro venres fixarase a data-, para negociar a súa aprobación provisional por parte de todos os grupos políticos