Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Urbanismo, Licenzas e Vivenda

Áreas

Anuncio ITE 2020

En 2020 teñen a obriga de realizar a inspección técnica os edificios construídos no ano 1989. O padrón completo de edificios pode consultarse nas oficinas administrativas da Inspección Técnica de Edificacións (ITE), situadas na rúa de García Mosquera, núm. 19 e na páxina web do Concello de Ourense e Información sobre a ITE

A exposición ao público do padrón de edificios suxeitos á inspección técnica ten a consideración de notificación para as persoas interesadas, obrígaas a realizar a correspondente inspección no transcurso do ano 2020. No caso de incumprimento será considerado como infracción urbanística sancionable segundo os termos indicados na lexislación vixente.

Acto de sinatura do convenio

O alcalde en funcións do Concello de Ourense, Jorge Pumar, e a conselleira Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez asinaron esta mañá unha addenda ao convenio de colaboración entre o Concello e a Consellería para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal polo que ambas administracións cofinancian nun 50% dun investimento que ascende a 1.044.000 euros.

O tenente de alcalde e a conselleira comprometeron a máxima colaboración dambas administracións co reto de que a Cidade das Burgas conte en 2020 ano cun plan xeral de ordenación municipal actualizado e acorde á normativa actual.

Xuntanza da comisión de ruídos

Na sede da Concellería de Urbanismo, foi constituída esta mañá á comisión creada pola concelleira de Urbanismo, Sonia Ogando, para buscar unha solución transversal ao problema dos ruidos no Centro Histórico. Tal e como se comprometera a concelleira de Urbanismo no pleno do pasado 4 de novembro, esta mañá foi constituído este equipo de traballo, formado por representantes de todos os grupos políticos, de asociación veciñais e de hostaleiros. A vindeira sesión de traballo será o 15 de xaneiro e, dada a importancia do asunto a tratar, estableceuse unha periodicidade quincenal para todas as reunións e poder avanzar con maior dilixencia neste traballo.

 

O Concello de Ourense, a través das Concellerías de Urbanismo e Participación Cidadá, organiza tres reunións para informar a veciñanza da convocatoria 2019-20 de axudas á rehabilitación dos elementos comúns dos edificios e dos interiores das vivendas nas ARRUs do Polvorín, Camelias e A Carballeira, e na de Serra San Mamede, Cruceiro Quebrado e A Inmaculada.

Foto da reunión

As concelleiras de Termalismo e Urbanismo, Flora Moure e Sonia Ogando, respectivamente, presidiron esta mañá unha reunión de traballo con técnicos e responsables da Xunta, da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, con técnicos do Concello e cos responsables da empresa concesionaria Ibernisha, responsable na actualidade das termas de A Chavasqueira e de Outariz.

Foto do edificio do Campus da auga

O Concello de Ourense desbloqueou o proceso para a concesión de licenza urbanística de obra en vía de legalización para o proxecto do edificio 'Campus da Auga', no Campus Universitario de Ourense da Universidade de Vigo. A concesión de licenza farase efectiva no reunión da Xunta de Goberno Local deste xoves, 8 de agosto, como así lle foi comunicado polo alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, ao reitor da Universidade de Vigo, esta mesma mañá.

Imaxe do centro histórico

O Concello de Ourense abre desde mañá, sábado, día 13 de xullo o prazo para solicitar subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas nas Áreas de Rexeneración e renovación urbanas (ARRU) do Concello de Ourense: centro histórico, núcleo etnográfico de Seixalbo, O Polvorín-As Camelias-A Carballeira, e Serra San Mamede-Cruceiro Quebrado-Inmaculada. As persoas interesadas poden consultar no Boletín Oficial da Provincia de hoxe, 12 de xullo, e na páxina web do Concello www.ourense.gal as bases e obter os formularios para solicitar as axudas. O prazo para presentar solicitudes estará aberto até o día 13 de xullo do ano 2020.

Foto do centro histórico da cidade

A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou na súa sesión desta semana as bases reguladoras da convocatoria pública para a concesión de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas nas Áreas de Rexeneración e renovación urbanas (ARRU) do Concello de Ourense, dotadas cun orzamento total de 1.548.825,39 euros. As axudas darán apoio a intervencións que se desenvolvan nas áreas de rehabilitación do centro histórico (16ª fase), cun orzamento de 350.825,39 euros, O Polvorín, Camelias, A Carballeira (5º fase) 910.000 euros, Seixalbo (11ª fase) 108.000 euros e San Mamede-Cruceiro Quebrado 180.000 euros. Proximamente abrirase o prazo para que as persoas interesadas podan presentar as súas solicitudes.

Igrexa da Trinidade

A restauración da igrexa parroquial da Trinidade, que será executada pola Xunta de Galicia, xa conta coa licencia de obra municipal. O proxecto, redactado polo arquitecto Ignacio Inaraja, ten un orzamento de execución material de 263.653,34 euros.

Casa do Concello

A Xunta de Goberno do Concello de Ourense acordou a aprobación provisional do documento de revisión de adaptación do Plan Xeral de Ordenación Urbana, segundo a versión refundida de novembro de 2017, coa inclusión das correccións introducidas en decembro de 2017 e maio de 2018. Este documento foi remitido á Xunta, concretamente á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, que deberá emitir un informe previo a súa aprobación definitiva en Pleno.