Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Urbanismo, Licenzas e Vivenda

Áreas

Servizo de Rehabilitación, VPP e PERIS

Rúa Primavera, nº 1
Ourense (32005)

Teléfono: 988 366 235

Horario: Atención ao público de 9 a 14 horas


Áreas de Rexeneración e Renovación Urbana (ARRU)

Áreas de Rexeneración e Renovación Urbana (ARRU)
A continuación móstranse os enlaces para a descarga dos diferentes ARRU. Cando faga clic nun diferentes enlaces que aparece a continuación, deixará de estar na páxina do Concello, para acceder á plataforma de descarga MEGA, plataforma onde o Concello pon a disposición da cidadanía a documentación para a súa descarga.

 

Foto do centro histórico da cidade

A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou na súa sesión desta semana as bases reguladoras da convocatoria pública para a concesión de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas nas Áreas de Rexeneración e renovación urbanas (ARRU) do Concello de Ourense, dotadas cun orzamento total de 1.548.825,39 euros. As axudas darán apoio a intervencións que se desenvolvan nas áreas de rehabilitación do centro histórico (16ª fase), cun orzamento de 350.825,39 euros, O Polvorín, Camelias, A Carballeira (5º fase) 910.000 euros, Seixalbo (11ª fase) 108.000 euros e San Mamede-Cruceiro Quebrado 180.000 euros. Proximamente abrirase o prazo para que as persoas interesadas podan presentar as súas solicitudes.

 

 

Foto fachada Concello
  • A dotación inicial este ano será de 1,3 millóns de euros, aportados polo Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia
  • A instancia para realizar a solicitude está colgada na web do Concello e o prazo para presentala é de dous meses
  • Este ano o proxecto presenta a novidade de cubrir obras no interior das vivendas particulares

Concello de Ourense

O Concello de Ourense contará con 14 novas vivendas de protección oficial destinadas a familias en risco de exclusión social. Grazas ao Plan Rehavita da Xunta de Galicia, que achega case 2 millóns de euros para estes inmobles, as familias máis necesitadas poderán contar con vivendas con todas as comodidades posibles a alugueres alcanzables. En total, hai 8 novas vivendas na rúa Alejandro Pedrosa que se suman ás rehabilitacións na Rúa Cervantes 14 e Rúa do Vilar 1, 3 e 5.

Vista de Ourense dende As Burgas.

O Boletín Oficial da Provincia publica o 9 de outubro as bases xerais para as convocatorias de subvencións do custo económico da realización dos informes da Inspección Técnica de Edificios

Logo dos ARRUs

O Concello informa sobre a convocatoria para a anualidade 2017 de subvencións das ARRUs (antes ARIs) do Casco Histórico de Ourense- Fase 14; Polvorín, Camelias, Carballeira- Fase 3 e Serra San Mamede, Cruceiro Quebrado e A Inmaculada-Fase 1.