Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Urbanismo, Licenzas e Vivenda

Áreas


Ourense, 17 de abril de 2018.

Este mércores abre o prazo de solicitude do programa de axudas para a rehabilitación de vivendas situadas nas catro Áreas de Rehabilitación e Renovación Urbana (ARRU) de Ourense e que este ano contará cunha dotación inicial de 1,3 millóns de euros. Os interesados terán dous meses para presentar os seus documentos.

Trátase dunha subvención impulsada polo Concello de Ourense, a través dun acordo co Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia para a realización de obras de mellora no interior das vivendas e en elementos comúns dos edificios das catro zonas ARRU da cidade: Casco Histórico; Polvorín, Carballeira, Camelias; Serra de San Mamede, Cruceiro Quebrado, Inmaculada e o Núcleo Etnográfico de Seixalbo.

Poden optar a este programa, entre outros, os proxectos para o mantemento da seguridade dos edificios, a mellora da accesibilidade para persoas con discapacidade, a instalación de ascensores, medidas de protección contra incendios e obras de mellora enerxética nas instalacións eléctricas, fontanería calefacción ou extracción de humos.

Este ano, ademais, o programa presenta como novidade a cobertura de obras no interior das vivendas, como poden ser o cambio de baños, reforma da fontanería ou electricidade ou de aislamento térmico.

As axudas contemplan subvencións de até un 45% do presuposto da obra. (cun máximo dun 35% a cargo do Ministerio de Fomento e un 10% da Xunta de Galicia). O teito nas subvenciones estatais está fixado en 11.000 euros por vivenda; mentres que o tope por parte da administración autonómica está estabelecido en 4.000 euros por vivenda.

A partida inicial para estas axudas, que podería ser modificada á alza, é dun total de 1,3 millóns de euros: 960.000 euros a cargo do Ministerio de Fomento e 364.389,69 por parte da Xunta.

Reparto de fondos por zona ARRU

Por zona ARRU o Polvorín, Camelias e a Carballeira é a que conta cun maior presuposto de partida: 545.000 euros por parte de Fomento e 245.714,28 euros da Xunta.

A continuación sitúase o Casco Vello de Ourense (295.000 e 84.285,71 euros, respectivamente); Serra de San Mamede, Cruceiro Quebrado e A Inmaculada (65.000 e 18.571,42 euros) e o Núcleo Etnográfico de Seixalbo (55.000 e 15.714,28 euros).

As solicitudes se presentarán no rexistro do Concello nun prazo de dous meses a partires do día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da publicación do extracto oficial da convocatoria (este martes).

Existe unha instancia normalizada para realizar esta solicitude que se facilitará nas dependencias do Servizo de Rehabilitación, VPP e PERI e que tamén estará dispoñible na páxina web do Concello (www.ourense.gal)

O pasado ano foron un total de 175 as vivendas e edificios que entraron dentro desta convocatoria: 45 no Casco Vello, 4 en Seixalbo, 111 no Polvorín-Camelias-A Carballeira e 15 en Serra de San Mamede-Crucero Quebrado-A Inmaculada.

Documentos