Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Urbanismo, Licenzas e Vivenda

Áreas

O Instituto de Ciencias da Construción Eduardo Torroja, dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e Maderia. Sociedade Española da Madeira poñen como exemplo de rehabilitación e defensa do patrimonio arquitectónico o albergue de peregrinos da cidade, ao entender que nel se defenden as ideas dunha rehabilitación económica e ecoloxicamente sostible á vez que se defende o patrimonio cultural da cidade.Así os próximos días 25, 26, 27 e 28 de agosto, no contexto das actividades de divulgación do uso da madeira na construción, o Grupo Operativo Madeira Construción Sostible, a través dunha serie de xornadas formativas, expoñerá un conxunto de proxectos nos que se amosa, entre outros, o edificio do albergue de peregrinos como exemplo de Rehabilitación e Cultura da Madeira.

O edificio do albergue, de titularidade municipal e cedido á Consellería de Turismo da Xunta de Galicia para este uso, foi rehabilitado sobre o proxecto redactado polos técnicos municipais da Oficina de Rehabilitación, dependente da Concellería de Urbanismo e nel amósanse como exemplo os criterios de rehabilitación que defende a Concellería a través deste servizo. A intervención supuxo, non só a recuperación do edificio como espazo vital, senón que permitiu dotar á cidade dun servizo necesario ao tempo que se rehabilita e revitaliza centro urbano da cidade, creando ademais unha base de economía sostible na súa contorna.

O Instituto de Ciencias da Construción Eduardo Torroja (IETCC) é un instituto propio de investigación do CSIC, que fundamenta a súa actividade en investigacións científicas e desenvolvementos tecnolóxicos no campo da construción e os seus materiais. Pola súa banda, Maderia. Sociedade Española da Madeira é unha asociación sen ánimo de lucro que ten como obxectivo principal promover proxectos e accións de interese común no coñecemento, promoción, difusión e formación en áreas da madeira.