Urbanismo, Licenzas e Vivenda
Áreas
A Xunta de Goberno Local en sesión de data 2 de maio de 2019, adoptou o seguinte acordo:
10.- Aprobación provisional do documento da revisión e adaptación do Plan Xeral de Ordenación Urbana de 1986 segundo a versión refundida de novembro de 2017, coas correccións introducidas en datas 19/12/17 e 24/05/18. Expt. Planeamento 2010002650.
A Xunta de Goberno Local, de conformidade coa proposta e, advertindo e corrixindo neste acto un erro no parágrafo 4) do acordo; de forma que, onde dicía: “(... 06/05/2018 ...)”, debería dicir: “(... 06/06/2018 ...)”; por unanimidade dos asistentes (10 votos a favor), acordou:
Todo elo de acordo cos informes emitidos no expediente en data 29/06/2018 polo Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística, o informe do titular da Asesoría Xurídica de data 16/04/2019 e o informe do Consello Consultivo de data 06/06/2018 obrantes todos eles no expediente.
De conformidade co disposto no art. 107 da Lei 30/1992, por tratarse dun acto de trámite que non decide directa ou indirectamente o fondo do asunto, nin determina a imposibilidade de continuar o procedemento, nin produce indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos, non cabe interpor recurso administrativo algún, sen prexuízo de que se formulen polos interesados os que procedan contra o acordo que poña fin ao presente procedemento.
No enlace a continuación se referencia pódese consultar dito Documento de Aprobación Provisional (DAP): Documento de Aprobación Provisional(DAP)
O enlace que aparece a cotinuación contén a resposta do equipo redactor do documento de aprobación inicial ás alegacións presentadas durante o período de exposición ao público.
Faise constar que este informe non reflicte o resultado final a incorporar ao documento de aprobación provisional do PXOM, polo que non ten carácter definitivo nin vinculante.
Para maior claridade o equipo redactor achegou unha serie de planos que recollen os cambios que o seu informe supón nos planos de ordenación do documento de aprobación inicial
Informe ás alegacións do equipo redactor
O Concello está a tramitar un novo Plan Xeral de Ordenación Municipal que foi aprobado inicialmente polo Pleno de 8 de novembro de 2013. Este documento foi exposto ao público durante tres meses dende a publicación da aprobación no DOG (28/11/2013) e está actualmente en fase de redacción da contestación ás alegacións e informes sectoriais.