Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Xuventude

Áreas

A rapazada ourensá desfrutará este mes de agosto, por 31 ano consecutivo, do Campamento Urbano que organiza Amencer coa colaboración do Concello. Esta mañá no salón de plenos tivo lugar a presentación desta actividade, todo un referente no verán na cidade, que mobiliza a preto de 1.000 escolares.

Co lema “O sabor do verán”, realizarase desde o día 1 ao 13 de agosto, dirixido a nenos e nenas de 8 a 16 anos, na súa modalidade infantil, e desde o 1 ao 9 de agosto na modalidade xuvenil, para participantes maiores de 15 anos.

O campamento é gratuíto e as incricións pódense realizar na Concellería de Xuventude e na asociación xuvenil Amencer.
Este ano, como novidade, a solta de globos coa que se inicia o campamento utilizará globos de látex, en lugar de plástico, como acto de compromiso e concienciación coa protección do medio ambienteParticiparon na presentación a concelleira de Xuventude, Sofía Godoy, Héctor Mosquera e Julio César Iglesias de Amencer.