Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Xuventude

Áreas

A Concellería de Xuventude organiza tres obradoiros para axudar a novos grupos musicais da cidade a abrirse camiño no mundo da música independente
A finalidade destes obradoiros é axudarlles a desenvolverse na escena da música independente, dándolles ferramentas para ter capacidade auto xestora e acadar a suficiente repercusión para captar a atención de axentes implicados na industria musical. Con estas actividades perséguese que os grupos se responsabilicen da auto produción nas gravacións, saiban consolidar a súa identidade como grupo fortalecendo o seu propio estilo e axudarlles a levar a comunicación e auto promoción nos medios convencionais ou dixitais.
As tres sesións serán os sábados pola mañá, de 11.00 a 13.00 horas, con tres bloques temáticos. A primeira delas, “Autoxestión”, desenvolverase o 27 de outubro e abordará conceptos xerais, as responsabilidades da autoxestión, a composición, a produción, a gravación, a distribución e a promoción.
A segunda sesión, o sábado, 12 de novembro, centrarase na “Identidade”, e abordará o concepto e grupo, as influencias, as tendencias, os obxectivos, a consolidación e o estilo
A terceira das sesións, o sábado, 1 de decembro será sobre “Comunicación”, e centrarase na difusión e promoción dos propios grupos, elaboración de dossieres, rider técnico, notas de prensa, redes sociais, Internet
As persoas interesadas poden inscribirse presencialmente no Espazo Lusquinhos da Mocidade ou a través do correo electrónico espazolusquinhos[arroba]ourense.es. As prazas adxudicaranse por orde de entrada das solicitudes.
Terán preferencia as persoas empadroadas en Ourense e admitiranse maiores de 35 anos se quedan prazas dispoñibles.