Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Xuventude

Áreas

A Concellería de Xuventude do Concello de Ourense abre o día 1 de febreiro unha nova convocatoria para que mozos e mozas da cidade poidan optar aos locais de ensaio do Espazo Lusquiños (Av. Marín). Poderán solicitar locais grupos musicais noveis e solistas, tanto instrumentais como vocalistas, aínda que os colectivos terán preferencia sobre as peticións individuais.

“Con esta proposta ofrecemos á nosa xuventude unha oportunidade para achegarse ao mundo da música e de entrar en contacto con outras persoas da súa idade coas súas mesmas inquedanzas. Tamén estimulamos que poidan intercambiar coñecementos e experiencias nunha etapa fundamental para a súa formación como persoas”, sinala o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

O rexedor recorda que a posta en marcha deste espazo cultural foi unha das principais apostas do Concello neste mandato, “no que nos esforzamos por darlle contido e dotación ao Lusquiños para que se convertese no que xa é hoxe en día, un punto de encontro da nosa xuventude, en un dos proxectos estrela na nosa aposta porque os menores se sintan parte desta cidade”.

Ademais, o alcalde destaca que a través dos ensaios “acadamos que a nosa xuventude teña hábitos saudables de ocio, estimule o seu interese pola Cultura e descubra que a música tamén pode ser un sector profesional ao que poderían dedicarse no futuro”.

Durante todo o mes de febreiro poderán solicitarse os locais, entregando por Rexistro Xeral (na planta baixa da Casa do Concello, de 9:00 a 14:00 horas) o formulario dispoñible na páxina web do Lusquiños ou aquí: Solicitude de local de ensaios

Co impreso, é necesario presentar unha fotocopia do DNI dos integrantes da banda, así coma un breve currículo e unha foto do conxunto. No caso de haber menores de idade, a documentación deberá ir acompañada dunha autorización familiar.

Poderán indicar un horario de preferencia, en función das súas necesidades, xa que se ofertan luns, mércores e venres de 17 a 22 horas e os sábados de 10:30 a 14:00 e de 17 a 22h. Esta quenda servirá para adxudicar o uso dos locais por un período de 6 meses. As quendas de ensaio son de tres horas repartidas en dúas sesións semanais de hora e media cada unha.

Trátase dun servizo público de titularidade municipal destinado a facilitar un espazo para o ensaio musical totalmente equipado e de xeito gratuíto en condicións de igualdade para a mocidade de Ourense.

Actualmente, realizan os seus ensaios nos locais do Espazo Lusquiños un total de 10 bandas da cidade, de diferentes estilos musicais.

Catro locais de ensaio totalmente equipados

O Espazo Lusquiños da Mocidade está integrado por catro locais de ensaio totalmente equipados, o que permite que só haxa que levar o instrumento e os cables. O backline de cada sala de ensaio consta dunha batería Tama Imperialstar e un set de pratos Meinl, un amplificador de baixo Fender Rumble 350, dous amplificadores de guitarra Fender FM212R e un equipo de voces con dúas caixas de 400W e mesturador de 8 canais de micro e 4 liñas estéreo, así como micros.

 

Foto fachada Concello

A Concellería de Xuventude do Concello de Ourense procede a convocar axudas en materia de programas, proxectos e actividades que, consideramos de interese, promoción social e de utilidade pública para o Concello de Ourense no ámbito da xuventude, promovan as asociacións e entidades sen ánimo de lucro e que vaian dirixidos de maneira prioritaria a mozos e mozas de 15 a 35 anos, segundo os obxectivos específicios recollidos no Plan Extratéxico de Subvencións desta Concellería, e de acordo coas Bases Reguladoras da concesión de subvencións da Concellería de Xuventude a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de xuventude para o ano 2018.

É obxecto destas bases regular a concesión destas subvencións en réxime de concorrencia competitiva cos seguintes obxectivos específicios:

Fortalecer o movemento local de asociacións xuvenís e entidades sen ánimo de lucro.
Motivar e dinamizar a participación das asociacións e entidades sen ánimo de lucro do Concello.
Apoiar o mantemento e funcionamento das asociacións e entidades sen ánimo de lucro.

Remata o prazo o 11 de decembro de 2018

Convocatoria e bases no BOP do sábado 10 de novembro de 2018

Documentos

Fachada Concello

Dende a Concellería de Xuventude do Concello de Ourense arranca unha nova iniciativa para motivar a participación xuvenil na cidade.
Os obxectivos das presentes Bases son os de abrir as programacións da Concellería de Xuventude ás propostas tanto de autónomos como empresas que queiran participar, facendo selecciión de proxectos de dinamización formativos e lúdicos dirixidos á mocidade, e con temática musical para o Espazo Lusquiños, a desenvolver entre os meses de novembro de 2018 a xuño de 2019 incluídos.
Con esta iniciativa intentaremos ampliar e mellorar entre tod@s á oferta de actividades xuvenís da nosa cidade e darémoslle gran importancia aos proxectos innovadores.

Obradoiros para grupos musicais

A Concellería de Xuventude organiza tres obradoiros para axudar a novos grupos musicais da cidade a abrirse camiño no mundo da música independente. Están dirixidos a mozas e mozos de 14 a 35 anos, son gratuítos e desenvolveranse no Espazo Lusquiños da Mocidade.

Presentación do 31 campamento urbano

A rapazada ourensá desfrutará este mes de agosto, por 31 ano consecutivo, do Campamento Urbano que organiza Amencer coa colaboración do Concello. Esta mañá no salón de plenos tivo lugar a presentación desta actividade, todo un referente no verán na cidade, que mobiliza a preto de 1.000 escolares.

Fachada Concello

O plan ten como obxectivos, entre outros, apoiar a realización de programas, proxectos ou actividades, que sendo considerados de interese, promoción social ou de utilidade pública para o Concello de Ourense no ámbito da mocidade, promovan as asociacións e entidades sen ánimo de lucro, e que van dirixidas de xeito prioritario a mocidade de 15 a 35 anos.

As liñas estratéxicas de actuación recollidas no presente Plan estratéxico, no que se integran as liñas de subvencións da Concellería de Xuventude, son as seguintes:

  • Liña 1. Subvencións en réxime de concorrencia competitiva (subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de mocidade)
  • Liña 2. Subvencións de concesión directa (Convenios nominativos)

Documentos

A inscrición é gratuíta e pode realizarse por correo electrónico ata o inicio do evento.
Sofía Godoy destacou que é unha actividade pioneira que achegará a Ourense grandes talentos do baile e dará visibilidade a todos os que practican baile urbano na cidade.
O xurado estará composto por tres expertos de recoñecido prestixio internacional e a música correrá a cargo dun dj lisboeta.

Fotografía de Silvia Castillo

O Espazo Lusquiños acolle, desde o día 5 até o 31 de decembro, a exposición Código cero, da fotografa madrileña Silvia Castillo, incluída no programa do Outono Fotográfico, e que nace froito dunha experiencia persoal. A mostra poderase visitar libre e de balde na Sala Benito Losada do Espazo Lusquiños da Mocidade, na Avenida de Marín, 16.

Inauguración da exposición

Jesús Vázquez, alcalde do Concello de Ourense; Dª. María Jesús Piñeiro, directora de institucións de CaixaBank en Galicia; e Julio Masid Bande, director de Viaqua en Galicia, presentaron hoxe a exposición ¡H2Oh! Os segredos da auga da túa cidade, unha mostra itinerante que pretende concienciar sobre o uso deste recurso tan prezado e, a súa vez, tan escaso.

Presentacion do torneo de Magic

O salón de plenos do Concello de Ourense acolleu a presentación da quinta edición do Torneo de 'Mágic' e Vídeoxogos (TMV), un evento de lecer alternativo que terá lugar no Espazo Lusquiños os días 7, 21 e 28 de outubro en horario ao público de 10:30 a 22:00 horas.