Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Xuventude

Áreas

 

Ourense, 5 de xuño de 2018.

O vindeiro sábado, 9 de xuño, entre as 15:30 e as 22:00 horas, o Pavillón de Os Remedios acollerá o concurso de Bailes Urbanos “Shake what you Got”, unha actividade organizada pola Concellería de Xuventude en colaboración coa Escola de Danza Estilo Libre. Se trata dun concurso de baile no que os participantes enfrontaranse entre si ante un xurado recoñecido a nivel internacional.
O salón de plenos do Concello acolleu este martes a presentación desta iniciativa que pretende potenciar o coñecemento e práctica das danzas urbanas na nosa cidade. Asi o sinalou a concelleira de Xuventude, Sofía Godoy, quen manifestou que é unha actividade pioneira, gratuíta, na que participarán grandes talentos do baile, e que dará visibilidade ás persoas que o practican na cidade, coa confianza de que será un evento coa forza suficiente para repetilo o próximo ano. O director de Estilo Libre, Hugo Alonso e a bailarina Evia Gago avanzaron que o evento terá “unha calidade enorme” polo gran nivel dos bailaríns que participarán, polo que recomendaron ao público que non perda a oportunidade de asistir.
O concurso está organizado a modo de batallas entre participantes, que competirán en dúas categorías: “All Styles” (que inclúe diversos tipos de baile coma o hip hop, house, FunkStyle, Voguing ou Dancehall); e outra competición exclusiva para bailaríns de “Hip Hop”, xa que adoitan ser os máis numerosos.
Antes dos enfrontamentos finais se realizará unha preselección de bailaríns a través dun sistema de “batallas” de dous contra dous, que terán unha duración de 45 segundos. Nesta fase non están permitidas as coreografías en parella, aínda que a partires de cuartos si estarán permitidas.
Unha vez que o xurado teña as quince mellores parellas, estas se enfrontarán en oitavos de final (unha saída por bailarín) cartos de final (unha saída), semifinal (dúas saídas) e final (dúas saídas).
O xurado estará composto por tres expertos de recoñecido prestixio internacional. Dende Lisboa o bailarín de hip hop Claudio “Comics”, gañador de numerosas batallas internacionais; dende Barcelona o bailarín de “house” Rommel; e dende Vigo, a bailarina de hip hop Diana Ballesteros (DiiFeeling). A música correrá a cargo do dj lisboeta Nelsonig.

Inscrición

A inscrición é gratuíta a través do e-mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e está aberta todo o que o desexe co único requisito de ter, como mínimo, nove anos. As persoas interesadas poderán anotarse ate o propio sábado, ás 16:30 horas. Deberán enviar o nome da parella, integrantes de cada parella, a súa idade, cidade de onde proceden e un teléfono de contacto.
Os gañadores do Shake what you Got conseguirán un pase como invitados ó próximo Respect Your Style, que se celebrará en Barcelona en abril de 2019.
Os primeiros clasificados dambas categorías percibirán un premio de 200 euros (100 euros para os segundos clasificados). Ademais, na categoría All Styles o gañador obterá un pase directo a oitavos no concurso Respect Your Style (Barcelona), mentres que o vencedor da categoría hip hop terá un pase directo a oitavos na edición deste concurso do vindeiro ano.


Para más información dirixirse á Concellería de Xuventude, na Praza de San Martiño número 2, baixo dereita ou ó teléfono 988.38.81.54