O plan ten como obxectivos, entre outros, apoiar a realización de programas, proxectos ou actividades, que sendo considerados de interese, promoción social ou de utilidade pública para o Concello de Ourense no ámbito da mocidade, promovan as asociacións e entidades sen ánimo de lucro, e que van dirixidas de xeito prioritario a mocidade de 15 a 35 anos.
As liñas estratéxicas de actuación recollidas no presente Plan estratéxico, no que se integran as liñas de subvencións da Concellería de Xuventude, son as seguintes:
- Liña 1. Subvencións en réxime de concorrencia competitiva (subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de mocidade)
- Liña 2. Subvencións de concesión directa (Convenios nominativos)