Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Xuventude

Áreas

A Concellería de Xuventude do Concello de Ourense procede a convocar axudas en materia de programas, proxectos e actividades que, consideramos de interese, promoción social e de utilidade pública para o Concello de Ourense no ámbito da xuventude, promovan as asociacións e entidades sen ánimo de lucro e que vaian dirixidos de maneira prioritaria a mozos e mozas de 15 a 35 anos, segundo os obxectivos específicios recollidos no Plan Extratéxico de Subvencións desta Concellería, e de acordo coas Bases Reguladoras da concesión de subvencións da Concellería de Xuventude a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de xuventude para o ano 2018.

É obxecto destas bases regular a concesión destas subvencións en réxime de concorrencia competitiva cos seguintes obxectivos específicios:

  • Fortalecer o movemento local de asociacións xuvenís e entidades sen ánimo de lucro.
  • Motivar e dinamizar a participación das asociacións e entidades sen ánimo de lucro do Concello.
  • Apoiar o mantemento e funcionamento das asociacións e entidades sen ánimo de lucro.

Remata o prazo o 11 de decembro de 2018

Convocatoria e bases no BOP do sábado 10 de novembro de 2018

Documentos