Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Xuventude

Áreas

A Concellería de Xuventude convoca, este sábado 11 de maio no Espazo Lusquiños, a mozos e mozas de 12 a 30 anos a unha xornada de xogos de mesa de sempre, tanto de grupo coma individuais. "Xogando Cara a Cara" é unha actividade que quere potenciar un lecer baseado no contacto entre iguais, sensibilizar a mocidade local na necesidade de participar e relacionarse fóra de espazos virtuais, así como dinamizar os espazos culturais e xuvenís da cidade como lugares de encontro.

A actividade, dentro do programa Ourense Xove que desenvolve o departamento de Xuventude, terá lugar de 11:00 a 14:00 horas, pola mañá, e de 17:00 a 21:00 horas en sesión de tarde. Os monitores de Lúcete lecer, encargados da actividade, explicarán as normas e regras de cada xogo, que se levará a cabo de xeito grupal como individual. Haberá premios para todos os gañadores.

Os xogos e torneos nos que se poderá participar serán os seguintes:

Jungle speed (Xogo individual); Jungle speed Safari (Xogo individual); Jenga xigante (Xogo individual); Twister Aire libre (Xogo individual); Virus; Party&co (Xogos por equipos); Dobble; Gestos (xogo mímica); Los Hombre Lobo de Castronegro (Xogos por equipos); Trivial (Xogos por equipos).

As inscricións realizaranse a través do correo electrónico da Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou o propio día da actividade no Espazo Lusquiños.

Máis info: Concellería de Xuventude; praza de San Martiño nº 2 baixo dereita; teléfono 988.388.154.