Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Xuventude

Áreas

A Concellería de Xuventude do Concello de Ourense abre unha nova convocatoria para que mozos e mozas da cidade poidan optar aos locais de ensaio do Espazo Lusquiños (Av. Marín). Poderán solicitar locais grupos musicais noveis e solistas, tanto instrumentais como vocalistas. Con esta proposta ofréceselle á mocidade unha oportunidade para achegarse ao mundo da música e de entrar en contacto con outras persoas da súa idade coas mesmas inquedanzas. O prazo de solicitudes remata o 31 de agosto.

Trátase dun servizo público de titularidade municipal destinado a facilitar un espazo para o ensaio musical totalmente equipado e de xeito gratuíto en condicións de igualdade para a mocidade de Ourense. Así, entre os seus obxectivos está o de estimular o intercambio de coñecementos e experiencias nunha etapa fundamental para a súa formación como persoas e ao mesmo tempo adquirir hábitos saudables de ocio, e promocionar o seu interese pola cultura descubrindo que a música tamén pode ser un sector profesional ao que poder adicarse no futuro.

Durante todo o mes de agosto poderán solicitarse os locais, entregando por Rexistro Xeral (na planta baixa da Casa do Concello, de 9:00 a 14:00 horas) o formulario dispoñible nesta páxina páxina web. Co impreso é necesario presentar unha fotocopia do DNI dos integrantes da banda, así coma un breve currículo e unha foto do conxunto. No caso de haber menores de idade, a documentación deberá ir acompañada dunha autorización familiar.

Poderán indicar un horario de preferencia, en función das súas necesidades, xa que se ofertan luns, mércores e venres de 17 a 22 horas e os sábados de 10:30 a 14:00 e de 17 a 22h. Esta quenda servirá para adxudicar o uso dos locais por un período de 6 meses. As quendas de ensaio son de tres horas repartidas en dúas sesións semanais de hora e media cada unha. Actualmente, realizan os seus ensaios nos locais do Espazo Lusquiños un total de 10 bandas da cidade, de diferentes estilos musicais.

O Espazo Lusquiños da Mocidade está integrado por catro locais de ensaio totalmente equipados, o que permite que só haxa que levar o instrumento e os cables. O backline de cada sala de ensaio consta dunha batería Tama Imperialstar e un set de pratos Meinl, un amplificador de baixo Fender Rumble 350, dous amplificadores de guitarra Fender FM212R e un equipo de voces con dúas caixas de 400W e mesturador de 8 canais de micro e 4 liñas estéreo, así como micros.

Máis info e documentación:

Concelleria de Xuventude

Praza San Martiño nº 2 baixo dereita

Tel 988 38 81 54