Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Xuventude

Áreas

A Concellería de Xuventude do Concello de Ourense abre durante todo o mes de febreiro o prazo para inscribirse nunha nova convocatoria para que mozos e mozas da cidade poidan optar aos locais de ensaio do Espazo Lusquiños, na avenida de Marín. Poden solicitar os locais grupos musicais noveis e solistas, tanto instrumentais como vocalistas, da cidade de Ourense. O prazo de solicitudes estará aberto ata o día 29 de febreiro, incluído.

Con esta proposta ofréceselle á mocidade unha oportunidade para achegarse ao mundo da música e entrar en contacto con outras persoas da súa idade coas mesmas inquedanzas. Tamén estimular que poidan intercambiar coñecementos e experiencias nunha etapa fundamental para a súa formación como persoas e, ao mesmo tempo, adquirir hábitos saudables de ocio, estimular o seu interese pola cultura e descubrir que a música tamén pode ser un sector profesional ao que adicarse no futuro.

Actualmente, realizan os seus ensaios nos locais do Espazo Lusquiños un total de 10 bandas e 2 solistas da cidade, de diferentes estilos musicais.

Poden solicitarse os locais, entregando por Rexistro Xeral (na planta baixa da Casa do Concello, de 9:00 a 14:00 horas) ou pola Sede electrónica do Concello, cubrindo o formulario de solicitude. Co impreso, é necesario presentar unha fotocopia do DNI dos integrantes da banda ou solista, así coma un breve currículo e unha foto do conxunto. No caso de haber menores de idade, a documentación deberá ir acompañada dunha autorización familiar.

Poden indicar un horario de preferencia, en función das súas necesidades, xa que se ofertan luns, mércores e venres de 17 a 22 horas e os sábados de 10:30 a 14:00 e de 17 a 22h. Esta quenda servirá para adxudicar o uso dos locais por un período de 6 meses (de abril a setembro de 2020) As quendas de ensaio son de tres horas repartidas en dúas sesións semanais de hora e media cada unha.

Equipo

O Espazo Lusquiños da Mocidade está integrado por catro locais de ensaio totalmente equipados, o que permite que só haxa que levar o instrumento e os cables. O backline de cada sala de ensaio consta dunha batería Tama Imperialstar e un set de pratos Meinl, un amplificador de baixo, dous amplificadores de guitarra, un equipo de voces con dúas caixas e mesturador de 8 canais de micro e 4 liñas estéreo, así como micros.

Máis info e documentación: Concelleria de Xuventude, na Praza de San Martiño, 2, baixo dereita ou no teléfono 988 38 81 54

DOCUMENTACIÓN

  • Aquí podes descargar o impreso de SOLICITUDE (pdf) de locais de ensaio no Espazo Lusquinhos