Xuventude
Áreas
No período estival os mozos e mozas de Ourense poden disfrutar do programa “Embárcate”. Trátase dun proxecto que pretende convertirse nunha alternativa máis ao ocio estival. Para elo, esta iniciativa recolle unha oferta de actividades destinadas a fomentar o deporte entre a xuventude coa intención de que poidan adquirir valores como o respecto, ó entorno natural, o compañerismo e o traballo en equipo.
Trátase dun proxecto que pretende convertirse nunha alternativa máis ao ocio estival. Para elo, esta iniciativa recolle unha oferta de actividades destinadas a fomentar o deporte entre a xuventude coa intención de que poidan adquirir valores como o respecto, ó entorno natural, o compañerismo e o traballo en equipo. Houbo tres actividades:
Actividades de ioga e meditación no Parque do Barbaña e a zona do Tinteiro dirixidas a un grupo de 20 mozos e mozas maiores de 15 anos. En total foron 15 horas, nun horariode 10,30 a 12,00 horas.
Descenso de Canóns (barranquismo) e Rafting no Miño por augas bravas en balsa inchable. Aberto a un grupo de 20 mozos e mozas maiores de 18 anos. O programa inclúe barranquismo no río Cerves + picnic + Rafting no Miño + desprazamento.
A actividade consiste en realizar un paseo polo Miño en Kayak dende Castelo de Miño ata o Balneario de Laias, onde os participantes poderán acceder á piscina termal. Aberta a un grupo de 20 mozos e mozas maiores de 18 anos.