Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Xuventude

Áreas

Espazo Lusquiños

O Espazo Lusquiños da Mocidade é un edificio de carácter municipal dependente da Concellería de Xuventude que poñemos á vosa disposición para que teñades un espazo aberto e gratuíto no que expresar a vosa creatividade e manifestacións artísticas. Un lugar de encontro e reunión onde poder realizar actividades de xogo, ensaio musical, formación, etc, e interactuar con axentes tanto do eido musical como doutros ámbitos. Un punto de creación musical e artística en Ourense, un espazo motivador, dinamizador e potenciador da creación na nosa cidade.

O Concello de Ourense asume con clara decisión a aposta por un proxecto de cultura de base para apoiar unha canteira de artistas locais noveis en sintonía coa cidade, favorecer a calidade de vida da mocidade apostando polos propios valores.

Os nosos obxectivos son:

  • Fomentar a práctica musical dotándovos de recursos técnicos e materiais
  • Potenciar a creación de novos grupos musicais
  • Promover o encontro, o xogo, a comunicación, a formación e o asociacionismo entre a mocidade
  • Deseñar accións formativas relacionadas coa música, o teatro, o audiovisual, a expresión corporal…

Horario: De luns a sábado

  • Mañás: 10.00 h a 14.00 h
  • Tardes: 17.00 h a 22.00 h

Estamos na Avda. de Marín, 16 – Telf. 988318925 – 608870786