Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Xuventude

Áreas

Concello de Ourense

O Concello de Ourense iniciará este sábado unha nova proposta de lecer para as fines de semana: “Noite de cine na rúa”, un ciclo de 4 proxeccións dunha escolma de películas de cine internacional que se realizarán os sábados ás 22:00h na Praza Maior (escalinata de Santa María Nai) e no bulevar termal das Burgas.

Preparación da horta da Carballeira pola Asociación Sustinea

A Concellería de Xuventude do Concello de Ourense informa da apertura do prazo para anotarse na campaña Acción de Verán que promove a Dirección Xeral de Xuventude, e na que organiza 'Un rural para tod@s', un campo de traballo social e medio ambiental de ámbito internacional que se desenvolverá do 1 ao 11 de agosto de 2017 e no que poderán participar 20 mozos de idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos.

Presentación da actividade con Queixumes dos Pinos

A Concellería de Xuventude do Concello de Ourense e Queixumes dos Pinos organizan unha nova actividade, na que mozas e mozos de Ourense de entre 12 e 35 anos poderán mostrar todo o seu talento artístico. Será o Festival de Novos Talentos Youth Talent 2017, “unha forma fantástica de estimular a creatividade na mocidade, pero tamén de servir como plataforma para a visualización dun talento”, en palabras do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

Cartaz de Ourense Xove 2017

O programa de actividades para a mocidade Ociourense Xove, que organiza o Concello de Ourense inicia esta fin de semana unha nova edición, coas primeiras propostas de lecer saudables dirixidas a mozos e mozos de 14 ata 30 anos.

Cartel de Ociourense 2017

O Concello de Ourense pon en marcha unha nova edición do programa de actividades de lecer para a mocidade Ociourense Xove. No seu sétimo ano, porá a disposición de mozos e mozas de entre 14 e 30 anos de idade un total de 18 actividades saudables para o seu tempo de lecer. Será durante as fins de semana dos meses de abril, maio e xuño

Logo de espazo Lusquiños

Publicase a listaxe definitiva de grupos e solistas para a quenda de ensaios de abril a setembro de 2017 nos locais de ensaio do Espazo Lusquiños da Mocidade.

Bandeira scout na fachada do Concello

A fachada do Concello de Ourense loce, no día do Fundador do movemento scout, a bandeira da organización xuvenil máis grande do mundo -supera os 40 millóns de seguidores en todo o mundo- e que tamén conta na cidade con máis de 50 membros do ASDE – Scouts de Galicia con idades desde os 7 anos ata o voluntariado adulto no Grupo Scout Ilex, un proxecto de recente creación.

Scalextric 2017

O Espazo Lusquiños acollerá o sábado, 4 de febreiro, a primeira proba do Campionato de Scalextric Cidade de Ourense 2017, que organiza a asociación recreativa e cultural Auriense Slot en colaboración coa Concellería de Xuventude do Concello de Ourense.

Logo do programa Erasmus +

A Concellería de Xuventude abre o prazo este xoves 2 de febreiro para que todos os interesados en anotarse no proxecto Erasmus+ que desenvolve a área dirixida por Sofía Godoy e que conta coa colaboración da Confederación Empresarial de Ourense (CEO) e a London Business Parthership Limited (LBP) británica. Serán 55 os mozos participantes (27 de Reino Unido e 28 de Ourense) nun programa que se desenvolverá en Ourense na semana do 11 ao 18 de febreiro de 2017. O prazo permanecerá aberto ata o mércores día 8 de febreiro de 2017 na Concellería de Xuventude do Concello de Ourense (Praza San Martiño,2-baixo) ou a través do enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Espazo Lusquiños

A Concellería de Xuventude do Concello de Ourense abrirá o día 1 de febreiro unha nova convocatoria para que mozos e mozas da cidade poidan optar aos locais de ensaio do Espazo Lusquiños (Av.Marín). Para a primeira convocatoria de 2017, a principal novidade é que poderán solicitar locais non só grupos musicais noveis, senón tamén solistas, tanto instrumentais como vocalistas, aínda que os colectivos terán preferencia sobre as peticións individuais.