Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Xuventude

Áreas

Logo de Erasmus+

O mércores 18 de xaneiro tera lugar a primeira reunión do proxecto Social Enterpreneurship for Younger´s Emporwerment, presentado pola Concellería de Xuventude do Concello de Ourense ao programa Erasmus+ na liña KA1, de Mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe: Intercambios Xuvenís. O obxectivo é preparar 50 mozos e mozas (25 ourensáns e outros tantos británicos) nun programa de capacitación para crear empresas de economía social.

Clausura pOpUp Market de Nadal

A primeira edición do pOpUp Market de Nadal do Concello de Ourense a través da Concellería de Xuventude (21 a 24 de decembro) converteuse nunha das actividades máis participativas e exitosas das festas de Nadal na cidade, tras recibir a visita de máis de 25.000 persoas ao longo dos catro días. O innovador mercado de Nadal deu a oportunidade a 48 emprendedores ourensáns de promocionar e comercializar os seus produtos, achegou ao público ourensán concertos, obradoiros, charlas e outras actividades para nenos e adultos nunha experiencia pioneira que enriqueceu a oferta de lecer da cidade durante as festas de Nadal.

Participantes no Superminichef Nadal 2016

Vintedous nenos e nenas de entre 7 e 12 anos de idade participaron na actividade Superminichef Nadal 2016, organizada pola Concellería de Xuventude do Concello de Ourense. Esta mañá tivo lugar a terceira e última sesión, na que os aprendices de cociñeiros tiveron a oportunidade de aprender a elaborar pizzas e postres de chocolate, e recibiron os diplomas e delantais en recoñecemento da súa participación.

Presentación do programa pOp Up Market

Entre os días 21 e 24 de decembro a Alameda de Ourense acollerá o "Pop Up Market", unha iniciativa "nova e ambiciosa" que aposta por crear un mercadiño de nadal cos produtos que os mozos ourensáns venden habitualmente en Internet; pero que tamén ofrecerá espazo á gastronomía, as actividades para nenos e a música en vivo.

Luces de Nadal nas rúas de Ourense

A Concellería de Xuventude do Concello de Ourense organizará este mes de decembro dúas novas actividades enmarcadas no programa de Nadal “Ourense con luz propia”. Serán un curso de decoración e protocolo na mesa de Nadal e outro de menús de Nadal.

Sofía Godoy e os representantes de Amencer durante a presentacion de Mañás de Nadal

Nenos e nenas de Ourense terán a oportunidade de desfrutar dunha nova edición do programa Mañás de Nadal, que organiza a Asociación Xuvenil Amencer coa colaboración da Concellaría de Xuventude do Concello de Ourense.

Convocatorias e requisitos para os interesados nas subvencións para actividades e proxectos xuvenís ou para subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o fomento de actividades e proxectos a prol do asociacionismo xuvenil