A reconstrución das Termas da Chavasqueira podería ser autorizada no próximo mes de xuño. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, José Antonio Quiroga, mantiveron unha xuntanza esta mañá a través de videoconferencia para avanzar en diferentes proxectos que ambas entidades teñen en marcha na cidade.
O Concello de Ourense convoca unha nova edición do Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades, un certame, que organiza a Concellería de Igualdade co obxectivo de poñer en valor o traballo que diversos colectivos, organismos e persoas, preferentemente do noso municipio, levan a cabo de maneira exemplar e concienciada no ámbito da promoción da igualdade de xénero. Malia as restricións existentes na actualidade como consecuencia da pandemia da COVID-19, o goberno municipal decidiu manter esta convocatoria, adaptándoa a este novo escenario.
A Concellería de Educación inicia un programa de saúde e protección escolar fronte á Covid 19 dirixido a un milleiro de alumnos de Primaria, ESO e Bacharelato na cidade, en colaboración con profesionais sanitarios, para resolver as dúbidas sobre a pandemia e sobre as medidas de prevención e hixiene establecidas nos protocolos escolares.
A nova estación de Autobuses de Ourense entrou está en servizo dende o pasado sábado, na rúa Eulogio Gómez Franqueira. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu a posta en servizo da estación de autobuses, no barrio da Ponte, acompañado pola conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez.
Segundo datos da Xunta de Galicia, a nova estación de autobuses de Ourense conta con máis de 7.300 m², 16 dársenas para autocares e un edificio de viaxeiros de máis de 700 m². Ponse en servizo coa previsión de albergar case 80.000 expedicións e 400.000 viaxeiros ao ano. Nas súas instalacións operará un total de 102 liñas de autobús autonómicas e outras 10 nacionais e internacionais.
4.390 autónomos da cidade serán beneficiarios das axudas que o Concello de Ourense puxo en marcha para apoiar o colectivo ante a crise provocada pola pandemia da COVID-19.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome considera “intolerable” que o goberno central rexeite as alegacións realizadas por Democracia Ourensana e por diferentes asociacións e entidades da nosa cidade ao estudio informativo da estación intermodal.
O Boletín Oficial da Provincia fai públicas hoxe as bases xerais para a selección de persoal funcionario interino e laboral temporal do Concello de Ourense así como do Consello Municipal de Deportes. Coa súa publicación [consultar BOP] entrarán en vigor dende mañá, 5 de febreiro.
O Concello de Ourense volverá agasallar este verán cun libro a todos os nenos e nenas da cidade, de 0 a 18 anos de idade. Será un exemplar á súa escolla, por importe de até 20 euros que poderán retirar en calquera das librarías da cidade.
O Boletín Oficial da Provincia de Ourense recolle hoxe unha modificación das bases específicas para a provisión por oposición de 12 prazas de bombeiro-condutor do Concello de Ourense.
A xunta de goberno local do Concello de Ourense acordou en xuntanza celebrada esta mañá renovar por un ano o contrato para a instalación de iluminación de Nadal na cidade. “O ano 2020 tivemos a mellor iluminación da historia de Ourense, e a de 2021 será aínda mellor”, asegura o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen avanza que “se mellorará a calidade ao dispoñer de máis tempo para deseñar”.
O Concello organizará, durante o mes de marzo na sala Valente, unha gran exposición con máis de 50 personaxes tradicionais do Entroido ourensán.
O Pleno do Concello de Ourense do mes de febreiro celebrarase o venres, día 12, en formato telemático e incluirá na súa orde do día a aprobación inicial da suspensión da aplicación da taxa de veladores durante os anos 2020, 2021 e 2022.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome asistiu esta mañá á recepción das obras de humanización e mellora da accesibilidade da rúa de Arias Páez e a súa zona de confluencia. Ao acto de entrega tamén asistiron o interventor do Concello e técnicos da empresa que executou as obras. Os traballos supuxeron un investimento total de 212.743,41 euros (IVE incluído)
Os grupos políticos con representación no Concello reuníronse para avanzar na tramitación dunha ordenanza de veladores para a cidade de Ourense.
A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou as bases reguladoras do procedemento para obter o permiso municipal de condutor ou condutora de taxi na cidade.
Os voceiros dos grupos políticos representados no Concello de Ourense reuníronse esta mañá no salón de plenos para abordar a adaptación dos servizos municipais ás normas adoptadas pola Xunta de Galicia no DOG do 26 de xaneiro para reducir ao mínimo o risco de contaxios á vista da evolución epidemiolóxica e da situación asistencial.
O Concello de Ourense disporá dunhas novas bases xerais para a contratación de persoal funcionario interino e temporal que, por vez primeira, contemplan a reserva de prazas para persoas con discapacidade. A proposta destas bases, elaboradas polo Coordinador Xeral, Francisco Cacharro, foron aprobadas pola maioría dos representantes dos traballadores logo de acadarse un acordo coa Mesa Xeral de Negociación, sen votos en contra.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, fai un chamamento á colaboración cidadá no cumprimento das normas ditadas pola Xunta de Galicia á vista da evolución epidemiolóxica e da situación asistencial.
A Concellería de Infraestruturas do Concello de Ourense inicia, este martes 26 de xaneiro, a execución da obra de acondicionamento de espazos na estrada de Vigo, entre os números 85 e 89.
O orzamento desta obra é de 48.252,91 euros, e a actuación consistirá principalmente na mellora dos pavimentos deste barrio do Pino, na marxe esquerda da calzada, aplicando una capa de formigón, mellorando a accesibilidade e ordenando as zonas peonís e de estacionamento.
A duración máxima estímase en dous meses. Mentres duren as obras non se poderá estacionar os vehículos na zona.
Os grupos políticos representados no Concello de Ourense reuníronse esta mañá, no salón de plenos, para traballar na aprobación dun plan de ordenación urbana para a cidade (PXOM). Esta cita, preparatoria das que virán ata chegar a un acordo, quixo sentar as bases do diálogo “para acadar unha maioría”, en palabras do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome.